Para recibir no email as novidades... poñer o @ debaixo... e ... submit

11/26/2011

Os alumnos de Pedro J. Rovira

Os meus alumnos escribiron este diálogo para pór na páxina que lles corresponde no libro xigante que se vai editar no CEIP “O Grupo” de Ribeira (A Coruña) co gallo da exposición de froitos do outono neste centro.
EXPOSICIÓN DE FROITOS DE OUTONO NO CEIP “O GRUPO”
Liorta entre os froitos que lle corresponderon a 5º A:

LARANXIÑA. Ola Kiwia. Sabes?, a min e á miña amiga Kakia chamáronnos do CEIP “O Grupo” para participar na exposición de froitos do outono. Ímonos vestir coas nosas mellores galas para levar o primeiro premio do froito máis guai.
KIWIA. Ola! Á verdade non sei de que presumides ti e mais a túa amiga. A min tamén me chamaron, e non ando a pregonalo por aí para fardar!
KAKIA. Si, si. Ti dis iso porque sabes que non tes nada que facer fronte a nós neste certame para acadar o primeiro premio. Tanto eu coma a miña amiga Laranxiña dámosche mil voltas tanto polo noso cute fino e relucente coma polo noso sabor.
KIWIA. Bah! Vós presumides de cute fino porque sodes dúas pelouras e tedes envexa do meu fermoso pelo. O que vos pasa é que non soportades que o meu exotismo vous eclipse. Pois a … aguantarse, nenas!
LARANXIÑA. Xa estás coas túas fantasmadas! O feito de ser estranxeira non che dá dereito a crerte superior, aínda que neste país queden parvos que pensan que todo o que ven de fóra é mellor. A miña amiga Kakia tampouco é oriúnda, e ben humilde que é. Aprende, pantasma!
KIWIA. Sabedes?, non vou perder máis tempo discutindo con dúas perdedoras. O xurado porá a cada que no seu lugar. Abur, .. e que vos coma un can!
LARANXIÑA e KAKIA. Abur, pelopincha!!!
Alumnos de 5º A do CEIP "O Grupo" de Ribeira