11/16/2017

"A invención dun deus. Xesús de Nazaret". Xulio López Valcárcel

"A invención dun deus. Xesús de Nazaret". Ese é o libro que presentou onte no Ateneo de Pontevedra Xulio López Valcárcel. Este grande poeta era dous cursos antes de nós.
Jhasusmariaijosé!!! Escribir un libro sobre Cristo, como inventado!!! Iso só o pode facer un bo poeta coma el. Se aínda houbese Inquisición pouco habían durar as orellas do don Xulio!
Seguramente que se este home seguise no redil da Igrexa e no curato había polo menos chegar a Rouco Varela ou secadra mesmo a Pontífice, que méritos intelectuais non lle faltan.
Outra actividade máis do Ateneo de Pontevedra, xa lles gustaría en Barcelona teren un "Ateneo de Pontevedra", tamén podían fichar o Carlos Fontes, pero é INTRANSFERIBLE!



4/08/2017

El diablo y el señor Blanco, Luís G. del Castillo

Unha novela curta, unha novela negra moi bonita.
Axeitadiña para exseminaristas e para a Semana Santa: os misteriosos sucesos que se producen arredor dunha igrexa madrileña. Roubos de rosarios, aparicións do demo, curas, beatas, sancristáns. Polo medio un máis ca interesante detective sen licenza que vai tentar desenguedellar os misterios (non só os do rosario).
Moi ben escrita, con ironía e humor.
Lese moi rápido e pódese aproveitar para fecelo no móbil, na tableta, no portátil... Non a perdas!!!

11/13/2016

O comportamento dos seminaristas

En “O amor nos días escuros de Birkenau(Alberto Canal, Edicións XERAIS- 59%) dise dun personaxe: “actuaba dun xeito demasiado formal e todos os seus xestos eran moi calculados. Como se fose seminarista e recibise unha formación rexa e espartana que lle deixara como pegada un trato cerimonial propio de quen tivo que asimilar ritualmente os modos de comportamento para as diferentes situacións da vida”.
Eu que botei anos de Seminario en Lugo mírome ao espello e non me vexo así.
O día 3 temos o xantar anual de ex-seminaristas, hei mirar polo rabo do ollo para os demais a ver se os vexo comportárense dese xeito.