3/28/2014

Fotos de Bernardino González Guerra

Varios dos compañeiros seminaristas de dúas fornadas antes ca nós xa se prexubilaron no ensino o ano pasado e agora poden dedicar o tempo ás súas afeccións con bo resultado. É o caso de Bernardino que expón fotografías en Boiro desde o venres 4 de abril.

3/23/2014

Nunha presa de terra de Paco Castro Alvaredo

Cantos de nós nos parecemos ao protagonista desta novela: nacemos na aldea, aprendemos a traballar a terra e fomos para o Seminario de Lugo porque era barato para poder sen alguén na vida. Nesta novela o protagonista queda pechado varios días nun cuarto sen saída. Iso sérvelle para facer unha revisión de toda a súa vida. En capítulos alternos vai lembrando a casa, a familia, os traballos e angueiras
Todo un exercicio de reconstrución da fala e da vida. Do Seminario di que todo era negro, non lle falta razón. Os exseminaristas que tamén viviron isto hano pasar ben coa lectura (e os que non poden aprender moito)



3/22/2014

Comer coma curas

Se van pola Coruña, mirando o mar, e queren darse un extra entren no Alborada, todo moi rico e moi ben atendidos polo equipo de Santiago Diéguez.



3/16/2014

Un conto

Chegan os ricos ás portas do ceo e dilles Diosnuestroseñor:
-Tedes que volver un tempo á terra, alí teredes traballos e alegrías.
E volveron á terra, tiveron traballos e alegrías e despois Deus acolleunos no ceo.
Chegan os pobres ás portas do ceo e dilles Diosnuestroseñor:
-Tedes que volver un tempo á terra, alí teredes traballos.
-Pero, Señor, e non teremos alegrías?
-Non, as alegrías acabáronas os ricos.
E volveron á terra, tiveron traballos e despois Deus acolleunos no ceo.
 
Este conto que contou o Manolo do Tío Bernardo non o podería contar nunca nunha predicación o retirado Rouco Varela.