11/21/2011

Xuntanza do ano 2011

Carta recibida:


Miami, 18 de Novembro 2,011

  XUNTANZA 2011
            3 de Decembro

Estimado amigo e compañeiro:
Celebramos un ano máis a nosa XUNTANZA, sempre o primeiro sábado de decembro (nesta ocasión, o sábado 3 de decembro) e queremos contar coa  presencia de cada un de vós.  O ano pasado a asistencia foi un pouco fraca (por debaixo de 30), a ver se iste ano a podemos mellorar.

Como xa sabedes, para min esta reunión segue sendo (e será) unha cita obrigada no meu calendario anual á que faltei poucas veces (e só por motivos realmente insuperables), aínda a pesares de vivir a miles de quilómetros de distancia (en Miami desde o ano 1984)...

O motivo desta Xuntanza é sempre volver a convivir xuntos,  pasar un rato memorable, revivir aquela camaradería do pasado e seguir alimentando a nosa amizade presente.

Xuntarémonos, polo tanto o día 3 de Decembro a partir das 13:30  e continuaremos o noso xantar-tertulia, tamén, coma sempre, ata as 8 ou 9 da  noite… ou ata que o corpo aguante.

A reunion terá lugar, como vén  sendo habitual no restaurante:
MANUEL-MANUEL, Monte Faro, 19, 27003 Lugo. Teléfono (982) 201021

Se aínda non  asistiches a ningunha das nosas Xuntanzas queremos contar contigo  nesta oportunidade e se asistes habitualmente, será unha oportunidade excelente de volver a vernos e compatir momentos que non se van repetir… contamos contigo!... non faltes á  cita!
 Un abrazo.
 Jaime Alvarez Fernández “o Pasteleiro”

(Nota: para confirmar a asistencia nos correos e teléfonos habituais ou no email deste blog: semlugo66@galicia.com)

11/13/2011

O club dos poetas mortos no Seminario dos anos 60

Na película O club dos poetas mortos, o actor Robin Williams dá vida a un profesor de literatura que consegue achegar os seus difíciles alumnos á literatura, á poesía. A nosa xeración tamén tivo a mesma sorte anos antes (a película é de 1989) cando chegou o profesor don Alejandro Pin. El conseguiu ilusionarnos coa literatura (española, que a galega aínda non tocaba), fixemos rifas para mercar un reprodutor de cintas para poder escoitar os poemas e tampouco tiña inconveniente en subir á mesa cando cumpría pillar a algún copiador experto. Todo un adiantado aos tempos modernos. Saúdos para don Alejandro. (E en que ano sería a chegada deste profesor?)

11/12/2011

Gila e o Castiñeira

Hoxe pasaron pola tve2 un documental sobre Gila. Aquel Gila que o Castiñeira nos poñía nos salón de estudos no intermedio das audicións de música clásica, todo un xeito didáctico e moderno de escoitar boa música.

11/05/2011

Don Vitorino

Xa se falou neste blog nunha ocasion de don Vitorino Pérez Prieto (por mor de Prisciliano) e hoxe ata sae en El Mundo pero por outras razóns que teñen que ver co curato.
Ver noticia

11/01/2011

Humor

Neste día santo de todos os santos, unha de humor.
Había unha vez unha parella que o día do casamento tivo un acidente fatal. Chegaron ao ceo e antes de entrar pensaron se alí no ceo poderían casar. Cando abriu San Pedro preguntaron se poderían casar ali logo. El contestoulles que non sabía, que nunca llo pediran e entrou para realizar a xestión. Pero tardaba e tardaba e mentres os noivos empezaron a pensar que se a cousa non saía ben, que no ceo todo era para a eternidade, e que sei eu. Cando pasados dous meses saíu San Pedro, díxolles que si, que podian casar. Pero eles dixeron que se non saía ben o do amor, se habería posibilidade de poder divorciarse tamén no ceo. E aí San Pedro xa se alporizou.
-A ver oh, pero vós que queredes, levoume dous meses atopar aquí un cura, imaxinade canto me vai levar atopar un avogado.