9/15/2013

Outro exseminarista (dos do 64) na Academia Galega

Entre outros sitios podemos ver a noticia no Progreso.
Pegerto Saavedra ben merece formar parte da Academia Galega porque é un dos nosos mellores historiadores. Ademais honra o nome Pegerto, o santo de Buciños en Carballedo. Parabéns para el.

9/13/2013

Carta do ex-seminarista da promoción do 66 a Del Bosque

O noso compañeiro Xosé Manuel Mato é desde hai unha morea de anos o Señor Alcalde de Paradela, terra do grande porteiro Diego López. Sae na prensa esta carta súa a Vicente Del Bosque por non levar á selección ao rapaz de Paradela, pódese ver na Marca. Non precisa comentarios!!!!

9/02/2013

Curas comprometidos

Onte fun visitar no Hospital do Incio o busto do meu padriño, un cura comprometido coa súa xente. Hoxe trae El País o caso do cura indignado. Antonte foi nas Encrobas a homenaxe a Moncho Valcarce.