2/28/2011

Chegou a primavera a Madrid?

José Luis Álvarez Quintana mándanos fotos da chegada da primavera á súa horta, que bolboretiña máis xeitosa! (Volvoreta de aliñas douradas, que dicía Curros Enríquez)

2/19/2011

Dígocho en galego

Ese é o título do disco da Lucía do Incio, a mesma que acaba de gañar a final para ir a Eurovisión polo voto do público. Esta é o contrario desa outra galega? que no GH se avergoña da fala na que nos entendiamos no Seminario a maioría de nós. Se as mulleres puideran ser curas e se o Castiñeira vivise e se Lucía fose para o Seminario seguro que sería da Schola Camtorum (que será máis posible, que resucite o Castiñeira ou que as mulleres sexan curas?). Velaí queda cantando:

2/11/2011

Eurovisión e a Lucía do Incio

Todos lembramos cando nos xantares lían algunha noticias, coma a da Guerra en Israel e nós aplaudimos e levamos unha bronca por aplaudirmos a unha guerra. Nós aplaudiamos aos israelitas que eran o buenos na Historia Sagrada contra os árabes que eran os malos na Reconquista. 
Tamén un día nos dixeron que Massiel gañara Eurovisión, non sabiamos moito de que se trataba que non viamos tal programa nin outro que non fora o Real Madrid. Hoxe unha luguesa coma nós tentará chegar á final para a Eurovisión, así tque odos os ex-seminaristas de Lugo temos que apoiala... gástense uns euros votando por ela, non sexan agarrados!