Si que hai moito vicio en Madrid (graciñas pola foto Miguel) e iso que anda por alí o monseñor Rouco coa súa brigadilla antivicio
1/31/2013
1/27/2013
Comer ben e san
Como xa imos tendo anos os da quinta do 66 convén comer a xeito, pero comer. Con este blog xa o temos todo feito, ben, só hai que facelo.
1/19/2013
Negra sombra
O máis fermoso poema do mundo mundial, Negra sombra de Rosalía de Castro, coa máis fermosa música desta terra. Esa música é de Xoán Montes. Dixeron no programa da TVG, No bico un cantar, que Montes foi seminarista e que se inspirou nun alalá das terras do Incio.
1/12/2013
Viva a Kultura!!!
Nunha das redondillas ripiosas
da miña Réplica a Setembro de 1956 dicía:
A gramática aprendida
é a base do saber,
e por non a coñecer
hai tanto burro na vida.
Pois onte mesmo, no programa
de Tele 5 Atrapa un millón comprobei o acertado deste axioma.
Concursaban dous rapaces
andaluces e un deles xactábase de ser licenciado en filosofía e estar a
preparar un Máster, para despois facer o doutorado.
A pregunta era:
A pregunta era:
- Quen desempeñaba o cargo
de gobernador en cada unha das provincias romanas en Hispania: Os escravos, os
pretores ou os tribunos?
Con bo criterio - asombroso!
- descartan a opción dos escravos. Pero dubidan entre pretores ou tribunos.
E aí é onde o filósofo ve a
súa grande oportunidade para lucirse:
- Pretores non, porque vén
de petra, pedra (sic). Menos mal que non se trataba de determinar o significado
da función conativa!
O outro rapaz, máis cauto,
dubida, polo que optan por repartir os cartos que lles quedaban, pero colocando
máis cantidade na opción non pétrea. Craso erro.
A min entón ocorréuseme
pensar que tería acontecido se calquera de nós tivésemos ousado propoñer tal
aberración etimolóxica a don Teolíndo ou a don José Fernández, por exemplo.
Creo que a pedrada na cabeza a teriamos merecida por burricáns.
Pero claro, o primeiro que
habería que saber é se este émulo de Platón en caló aprendeu algunha vez de que
vai iso da etimoloxía.
Recoméndovos o programa en
cuestión. Asegúrovos que é un antídoto eficaz contra calquera complexo que en
materia de cultura xeral puidésedes ter.
Unha aperta. Pedro J. Rovira
1/01/2013
Novo ano, o 13
Estamos empezando o ano 2012, outro máis, desde maio do 2008 funciona este blog dun ex-seminarista. Van alá máis de 14.000 visitas, supoñemos que non todos serán ex-seminaristas.
É tempo de bos propósitos. Non é complicado, vexo pola ventá esta oferta, así pode facer aquilo de mens sana in corpore sano. O que pasa é que non sei que facer primeiro, se a masaxe ou o lavado de cerebro?
Bo ano!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)