8/24/2013

Novo libro de Afonso Eiré: Belesar, o orgullo de España

Non para de escribir o noso compañeiro de Seminario Afonso Eiré, agora relata a historia do salto de Belesar. Esta foi a presentación

8/14/2013

Adiviñas



Adiviña: igrexiña pequeniña, sacristán revolvedor e os santiños todos darredor (Resposta: ACOB A).  
E ao lado da Igrexa está a reitoral e na reitoral debía haber unha destas da foto para ter contento o señor cura. Que será? (Resposta: arietalocohc)

8/12/2013

Saúdos para os axustadores das Mercedes

O sábado no Hotel Jorge I xuntáronse os que estudaron nas MERCEDES e seica o pasaron de marabilla. alegrámonos e ke nos manden algunha foto

8/01/2013

Os curas comían polo

Nos anos que botei na Cervela antes de ir para o Seminario de Lugo tiña bos conselleiros. O carpinteiro dicíame que me metese cura para almorzar chocolate e xantar polo. O zapateiro que estudase para médico para lle ver as pernas ás mulleres. Consellos moi prácticos os dous. O certo é que o de comer polo era moi san. Meu tío Beningno, que foi cura en Cuba, chegou aos 105 comendo pito da casa todos os días ao xantar xa retirado en Trasar. Claro que era da casa, a ninguén se lle ocorría mercalo. Ten fama o capón de Vilalba, tamén o galo de curral de Vila de Cruces. Hoxe no supermercado tiñan de oferta "pollo rural", será logo que tamén haberá "pollo urbano" digo eu.