5/22/2013

Eu confeso, di Pedro J. Rovira



Onte recibín o sacramento do perdón.
Á nosa idade, hai mandamentos e mandamentos.
Nos tres primeiros, pouco que dicir:  
-         Amo a Deus máis ca calquera cousa? En teoría, si. Que me custa dicilo?
-         Emprego o nome de Deus para que os demais dean creto ao que digo? Non, e ademais creo que non me valería de nada neste mundo descrido.
-         Misa do domingo? Case que sempre.
O cuarto: Por desgraza, e por lei de vida, o respecto aos meus pais xa non é cousa deste mundo.
O quinto nunca me causou maiores atrancos. Hai persoas que por natureza son pacíficas e, salvo arroutadas pasaxeiras, evitan facer dano aos semellantes.
O sexto: Ai o sexto! Que problemiñas me ten dado! Pero neste momento, pódovos asegurar que case que o teño dominado!
O sétimo: Cantei as corenta cunha sota e un cabalo e ganeille ao meu veciño, que xa anda algo para aló, un café e copa. Polo demais nin roubei nin tiven demasiadas ocasións de facelo.
Oitavo: As únicas mentiras para saír dos xardíns nos que me teño metido sempre me saíron mal. Por iso deixei de facelo, por pragmatismo elemental.
O noveno: A estas altura da vida, este é moito máis prerigoso ca o sexto. Aquí xa non se necesita un soporte encimático. Non vos vou dar direccións, pero teño que arrepentirme de pensar en demasía en quen non debía.
O décimo: Tampouco me custa moito cumplilo. Vai parello co quinto.
Visto o visto, non é estraño que o cura me despachara cun painoso e tres avemarías.
Pero despois de verme reconfortado co perdón, veume á cabeza a apostila a estes madamentos: “Amarás a Deus sobre todas as cousas e ao próximo coma a ti mesmo”. E pensando pensando quen sería o meu próximo, entroume un desacougo que non se cura só co sacramento do perdón. 
Pedro J.

5/09/2013

Volven os tempos

Volven os tempos pasados, daquel Seminario que vivimos nos tempos de Don Basilio:
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/05/08/actualidad/1368017751_391810.html

O sábado 11 xantan os do 64

A promoción do 64 o ano pasado estivo na Ribeira Sacra que organizou Pablo. Este ano aínda van máis lonxe da man de Sucasas, chegarán ata Portugal. E tamén levarán o Home orquestra? Bo proveito, amiguiños, como dicía Trapero Pardo en Radio Lugo hai xa ben anos.

5/05/2013