1/24/2016

Izan o da saca. Xabier Quiroga

Sempre lembro aquelas longas cerimonias na catedral de Lugo ás que nos levaban aos seminaristas. E tamén como alí arriba preto do altar estaba un frade pequeneiro en lugar destacado, dicíannos que era Don Mauro o Abade Mitrado de Samos, toda unha autoridade.
Pois na novela de Xabier Quiroga, Izan o da saca, sae o Don Mauro e lembroume aqueles tempos mozos lugueses.
Por certo, novela moi recomendable, hai que lela!

12/10/2015

O sarxento Gorila e o cabo Long

Lembramos no xantar MTE e mais a nosa época de gloria militar en Corea. Foi no Seminario cando adolescentes, el era o cabo Long e eu o sarxento Gorila dos tebeos (logo fun ascendendo a tenente e capitán). Todo era porque el medrara algo antes ca o resto, era estirado e semellaba o tal Cabo Long o “larguirucho”. Eu era regordete e con algo de flequillo, coma o tal Gorila. Cando nos empezaron a chamar estes alcumes había dous camiños.
Un: enfadarse e tomalo a mal.
Dous: tomalo con humor e gozar da gloria de sermos importantes.
Escollemos o mellor.
Este foi un dos moitos oficios que tiven, por iso me prexubilei tan cedo! Traqueado da vida!
Na foto saímos moi ben retratados

5/09/2015

Condolencias

As nosas condolencias para a promoción do 1964 que hoxe, o día da xuntanza anual, perderon a un dos seus membros máis queridos e activos. Especialmente a quen tivo que pasar o triste momento xunto a el. Dobremente porque era ademais amigo virtual de quen goberna este blog.
Vai por ti, amigo Pablo: