4/13/2008

Rugby

A maioría das fotos que temos daqueles tempos están relacionadas co deporte. Coma esta na que tres destacados reciben unhas medallas. Por que sería? Que gañarían? O máis normal era algo de fútbol. Pero houbo outros deportes. Cama cando chegou aquel señor con acento estranxerio e se montou un espectacular campionato de rugby no que participamos todos. De pronto o rugby pasou a ser o deporte do Seminario. Ah, pero como neste xogo hai que empurrar, tirar, bloquear... pois reconvertérono nun xogo sen violencia. O balón era o típico de rugby, non se podía pasar o balón cara adiante... pero cada un de nós levaba un pano colgado por detrás no pantalón curto... e para deter o xogo, para bloquear había que lle coller o pano ao xogador contrario... e creo que foi tamén daquela cando daban coca-cola a todos os participantes. Non o pasamos mal co invento, pero pouco durou e volvemos as de sempre... o balón redondo de toda a vida.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

para que logo digan que alí sólo se xogaba o futbol e se leía a Marca

Anónimo dixo...

Son un dos implicados no podio, o que ocupa o 3º posto. Trátase da entrega de medallas da carreira de resistencia da olimpiada de fin do curso 1972/73.
O 1º é Jaime, o 2º Rodríguez Aira que ía un curso detrás e o 3º Iribar.
Unha aperta a todos.

Anónimo dixo...

Bem se apanharam vocês nos esportes: Para nós nos truxeram dos oficiais legionarios da Legião Extrangeira (que tinha sido extinta e o govreno tinha que dar emprego para eles) para nos dar ginástica. Uma brutalidade. nos meninos pequenos que só sabiamos monra num burro ou numa mula tinhamos que pular num cabalo de ginática. mas teve um lado positivo: com a vinda dos legionarios nos pudemos coeçar a jogar futebol com um "CHANDAL" que nos compraram para ginãstica: adeus batina molhada de suor e de barro dos dias que chovia e a campo era um lamaçal
jesus v pereira

Anónimo dixo...

you have a wonderful site!