
A maioría das fotos que temos daqueles tempos están relacionadas co deporte. Coma esta na que tres destacados reciben unhas medallas. Por que sería? Que gañarían? O máis normal era algo de fútbol. Pero houbo outros deportes. Cama cando chegou aquel señor con acento estranxerio e se montou un espectacular campionato de rugby no que participamos todos. De pronto o rugby pasou a ser o deporte do Seminario. Ah, pero como neste xogo hai que empurrar, tirar, bloquear... pois reconvertérono nun xogo sen violencia. O balón era o típico de rugby, non se podía pasar o balón cara adiante...
pero cada un de nós levaba un pano colgado por detrás no pantalón curto... e para deter o xogo, para bloquear había que lle coller o pano ao xogador contrario... e creo que foi tamén daquela cando daban coca-cola a todos os participantes. Non o pasamos mal co invento, pero pouco durou e volvemos as de sempre... o balón redondo de toda a vida.