12/07/2016
12/04/2016
12/02/2016
11/14/2016
11/13/2016
O comportamento dos seminaristas
En “O amor nos días escuros de Birkenau” (Alberto Canal, Edicións XERAIS- 59%) dise dun personaxe: “actuaba dun xeito demasiado formal e todos os seus xestos eran moi calculados. Como se fose seminarista e recibise unha formación rexa e espartana que lle deixara como pegada un trato cerimonial propio de quen tivo que asimilar ritualmente os modos de comportamento para as diferentes situacións da vida”.
Eu que botei anos de Seminario en Lugo mírome ao espello e non me vexo así.
O día 3 temos o xantar anual de ex-seminaristas, hei mirar polo rabo do ollo para os demais a ver se os vexo comportárense dese xeito.
Eu que botei anos de Seminario en Lugo mírome ao espello e non me vexo así.
O día 3 temos o xantar anual de ex-seminaristas, hei mirar polo rabo do ollo para os demais a ver se os vexo comportárense dese xeito.
11/02/2016
LUGO- COSECHA DEL 66 por XL FERREIRO
LUGO-
COSECHA DEL 66
Hace cincuenta años
los relojes ronroneaban los días,
el sol se tomaba su tiempo en cada hora
y los segundos eran problemas matemáticos.
Los domingos paseábamos la ciudad de tres
en fondo,
el fútbol en chocolatinas La Cibeles,
la naturaleza en Vida y Color
y a las siete un televisor para cien.
Hace cuarenta y nueve años
las noches también eran amargas,
había nombres llegados del infierno
y las bendiciones te golpeaban por la
espalda.
Dios merodeaba detrás de cada esquina,
los jueces se ocultaban en los
confesionarios,
la eterna muerte y la condena permanente
se acostaban contigo violando cada sueño.
Hace cuarenta y ocho años
ya cruzábamos las miradas con los
intocables,
nos tragábamos la sal en silencio
y nos erguíamos en los peldaños de los
castigos.
Las muchachas ocultaban sus pechos de
champan,
los amigos crecían hasta la muerte,
un herrumbroso vino nos asediaba la cabeza
mientras las puertas de la calle no esperaban
nuestro regreso.
Hace cuarenta y siete años
los caminos se separaban a contratiempo,
el horizonte nos arrojaba del paraíso,
el viento se cuajaba en melancolía.
En
los libros hallabas palabras ofensivas
ahora ya cubiertas con mantos de Belleza,
encontrabas la muerte mezclada con la vida,
los caminos más anchos, las ventanas más
bajas.
Hace cuarenta y seis años
llovía, y no importaba que siguiese
lloviendo.
Nos mostraban el cielo cubierto de
cuchillos
y cruzábamos la noche a pecho descubierto.
Descubrimos la dulce amargura de los besos,
los ojos incrustados en el ángulo muerto
de una blusa turgente y un botón
entreabierto,
una falda de cuadros, las rodillas al
viento.
Hace cuarenta y cinco años
la oscuridad era desmedida, eran muchos los
puertos,
nebuloso el destino, vacilante la voluntad,
perplejas las miradas, indolentes los
caminos.
Las puertas baldías, áridas las aceras,
yermo el pensamiento, insolvente la
palabra,
fugaces los lunes, sumisos los cercanos,
y en nosotros exhausto el corazón.
Hace cuarenta y cuatro años
se hizo otoño el verano y no hubo junio.
Los árboles se fueron deshojando
con nuestros nombres escritos en el viento.
Se apagaron las últimas manos apretadas,
las últimas miradas a las ventanas
vencidas,
los últimos gritos en los patios remozados,
los últimos abrazos rebosantes de promesas.
Hoy, después de cincuenta años,
regresamos por diciembre a nuestro origen,
retornamos al inicio de los caminos
que nos empujaron a lo más alto de uno
mismo.
Nosotros somos todo lo que somos de
nosotros,
somos el total de cada uno, somos el
infinito perpetuo,
la playa inextinguible de nuestro
pensamiento.
El recuerdo uno a uno, hasta un último
nombre
que se desvanezca, nos hará inmortales.
5 10
16- XL FERREIRO
10/31/2016
Don Julio F. Doval en La Voz de Galicia
Hoxe La Voz de Galicia presenta como destacada a reportaxe sobre don Julio F.
Doval o único cura da promoción 1966 do Seminario de Lugo. Máis
importante que a toma de posesión do Presidente do Goberno ou Pedro
Sánchez:
De xira dominical co pastor Doval
Acompañamos un domingo ao dinámico cura de Oural, con 17 parroquias ao seu cargo
JORGE CASANOVA
SARRIA / LA VOZ 31/10/2016 05:00
Ver as fotos de La voz
Fai frío á beira da igrexa de Santa María de Vilamaior (Sarria). É un templo pequeno pero limpo e ben restaurado, coa súa cuberta case nova. Non se move unha folla ás nove e media da mañá, ata que chega o Focus de don Julio , que aparca nun pequeno lameiro xunto á igrexa, baixa e toca a campá. Hoxe hai misa de domingo. Facía case un mes que non ocorría, pero Julio Fernández Doval, 63 anos, sacerdote e con 17 parroquias ao seu cargo, xa estivera o día anterior, nun funeral. Así que fai unha predición: «Aquí non imos ter máis que seis ou sete persoas». Abre a porta e segue a súa rutina, coloca os cadernos onde están os cantos, acende veas, vaise vestindo e contando cousas: «Aquí veño dúas veces ao mes. Tento facelo en todas as parroquias». Explica que se van adaptando á configuración que establece un centro interparroquial onde todos os domingos hai misa ás doce e media. E, segundo o día, acode antes a oficiar a unhas ou a outras.
O centro, explica, é tamén a referencia da vida relixiosa no seu ámbito territorial: onde se fan as grandes celebracións, a catequese... Mentres segue coas súas explicacións un par de mulleres acceden ao templo; logo chega un matrimonio. A porta péchase ás dez en punto con seis fregueses, ante os que don Julio oficia unha misa exprés: «Chega ben», di unha señora á saída. O escaso público detense un momento na fría mañá antes de volver a casa, para ratificar que están encantados co seu párroco, ao que despiden a un tempo, aínda que o cura escoita a petición dunha freguesa: «A próxima semana, un pouco máis tarde, eh?». E sorrí. Coma se estivese o patio para elixir a hora. Ás 10.25 xa imos camiño da seguinte parada: Nespereira, onde a misa é ás once.
-Un pouco xustos de tempo.
-Nah. Está todo controlado. Xa teño os tempos moi tasados.
E así debe ser, porque atravesamos as pistas interiores do concello mentres o cura explícanos que estamos no noveno coche desde que se ordenou: «Tiven un 127, dous Pandas, tres Ford Fiesta e agora xa vou polo terceiro Focus». E de todos ten cousas que contar. Xovial e locuaz, Julio Val non permite o silencio.
Nespereira e Oural
En Nespereira repítese a escena de Vilamaior , aínda que con algo máis de público. Unha señora explica que vén desde un concello veciño, que é onde reside, pero acode á misa da súa parroquia natal porque alí están enterrados os seus pais, dando outra clave ao sentido que ten manter o culto nestes lugares azoutados polo despoboamento. Mentres o sacerdote prepara a misa, no exterior aprovéitanse os xa non tan abundantes raios de sol para recordar que naquela parroquia houbo escola e médico. Pero cando Julio Fernández inicia a liturxia, a pequena igrexa conta con nove fregueses.
De novo no coche, Julio responde sen subterfugios cando lle pregunto canto gana: «O salario mínimo máis un complemento por quilometraxe. Uns mil cen euros ao mes». Leva pateando a zona desde 1983 e viviu como testemuña excepcional o acelerado despoboamento do medio rural e a caída de efectivos da Igrexa para atender á súa xente e ao seu patrimonio, pero celebra seguir adiante porque, di, nas parroquias rurais é onde se pode levar adiante un labor pastoral máis directa. E, evidentemente, todo o mundo coñece a este cura, chaparro e dinámico, coroado cunha densa cabeleira de pelo blanquísimo e ao que custa seguirlle o ritmo: «É que fixen deporte ata hai pouco. Xogaba ao fútbol».
A seguinte e última parada é Oural, a vila cementeira que tanto bota de menos os bos tempos de Cosmos . «A igrexa é un monumento ao cemento», dinos o cura. E así é: unha construción semicircular, moderna e de puro formigón. Alí si, asistimos a unha misa máis repousada e cun público de maior densidade poboacional. Hai familias con nenos, xente maior e un coro moi animado que dinamiza a liturxia. En total, uns sesenta fregueses. A igrexa parece chea. Esa é a misa que constitúe a celebración central da semana e o cura baixou revolucións. Da acelerada xira matinal pasou a un modo máis pausado e reflexivo. Cando acaba, un grupo de señoras explican como colaboran na catequese, o coro, os preparativos das festas: «Sábenos levar», di unha delas.
Máis tarde, Julio contará o trajín que lle supoñen festas, funerais e aniversarios, mentres nos ensina o próximo Val de Lóuzara, onde un día foi o párroco e onde todo o mundo o coñece e saúdao. El tamén os coñece. A fondo, moitas veces. ¿Que vai pasar cando xa non poida? «Xa se sabe que nós morremos coas botas postas. Pero alguén virá substituírnos. Seguro».
9/13/2016
9/06/2016
8/17/2016
Datos de compañeiros para a xuntanza
Jaime AF anda xuntando os correos electrónicos e teléfonos de todos os posibles asistentes para a convocatoria da xuntanza este decembro, que se cumpren os 50 anos.
Se es ou coñeces alguén da promoción que empezou no 1966 no Seminario de Lugo e non está na seguinte listaxe agradecemos que nolo fagas chegar a
semlugo66@galicia.com
Se es ou coñeces alguén da promoción que empezou no 1966 no Seminario de Lugo e non está na seguinte listaxe agradecemos que nolo fagas chegar a
semlugo66@galicia.com
jaf@worldimension.com |
Nombre | Apellidos |
Juan | Alvarez Alvarez |
Jaime | Alvarez Fernandez |
Jose Luis | Alvarez Quintana |
Javier | Balado Lenza |
Bernardo | Castro Guerra |
Jose Luis | Colmeiro Lopez |
Guillermo | Cuñarro Santas |
Julio Jorge | Fernandez Doval |
Jesus | Fernandez Fernandez |
Francisco | Fernandez Vicente |
Angel Jesus | Fernandez Villaravid |
Pedro | Flores Grueira |
Anxo | Gonzalez Guerra |
Roberto | Gonzalez Rio |
Jose Ramon | Jove Silvarrei |
Jose Antonio | Lopez Alvelo |
Carlos | Lopez Fernandez |
Carlos | Lopez Gallego |
Pedro | Lopez Pardo |
Jesus Angel | Lopez Rabade |
Jose Manuel | Mato Diaz |
Jose | Mendez Costa |
Manuel Faustino | Mourelo Caldas |
Jose | Penalonga Teijeiro |
Jose Antonio | Polin Perez |
Fernando | Real Candal |
Jesus | Rodriguez Castro |
Alberto | Rodriguez Cidre |
Jose | Rodriguez Crespo |
Manuel | Rodriguez Lorenzo |
Luis | Rodriguez Rodriguez |
Jesus | Senra Negro |
Jose Manuel | Somoza Conde |
Manuel | Taboada Estevez |
Manuel Angel | Taboada Rodriguez |
Jose | Trigo Diez |
Jose Ovidio | Valin Rodriguez |
Jose Antonio | Vazquez Garcia |
Manuel | Vazquez Lopez |
6/19/2016
6/15/2016
4/09/2016
4/05/2016
3/09/2016
Vázquez novo Xefe superior de Policía de Galicia
Moito nos alegramos de que o noso compañeiro de estudos Manuel Vázquez López sexa o novo xefe da Policía de Galicia. Era bo compañeiro, o máis intelixente da promoción, boa persoa. Que lle dure moito tempo o cargo que seguro o ha facer moi ben.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/03/09/responsable-udef-nuevo-jefe-superior-policia-galicia/00031457550551331385780.htm
2/12/2016
1/24/2016
Izan o da saca. Xabier Quiroga
Sempre lembro aquelas longas cerimonias na catedral de Lugo ás que nos levaban aos seminaristas. E tamén como alí arriba preto do altar estaba un frade pequeneiro en lugar destacado, dicíannos que era Don Mauro o Abade Mitrado de Samos, toda unha autoridade.
Pois na novela de Xabier Quiroga, Izan o da saca, sae o Don Mauro e lembroume aqueles tempos mozos lugueses.
Por certo, novela moi recomendable, hai que lela!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)