7/26/2012

As rapazas de Xan, Manuel Iglesias Turnes

Para os exseminaristas que naceron na aldea, aquí teñen unha excelente lectura para este agosto de vacacións (tamén para os xubilados sen vacacións). Recréase a vida nas aldeas galegas no tempo que eran mozos nosos pais e nais, alá polos anos de 1950. Como era iso de falarse os mozos e mozas, como estaban vistas as relacións sexuais, o problema dos fillos de solteira, o poder do cura da parroquia. E tamén a emigración, a fame e as necesidades, os traballos do campo. Todo tal e como era daquela. Sen retrónicas formais, todo ben escrito e claro, realista e en ton melodramático. Para ler todo seguido, señores (e señoras)

7/04/2012

Códice Calixtino

Xa nos laiamos neste blog varias veces pola perda e como apareceu estamos contentos coma unhas pascuas, claro que si. Tamén o estará o noso exprofesor Don Xosé Díaz que o tiña moi estudado e traducido. Agora igual fan un convenio a Xunta e o Arcebispado e expoñen o tal libro no Gaiás para que suban as visitas e se xustifique a obra esa. Non quero dar ideas, non! Gañou España e apareceu o Códex... xa non importa que nos baixen os soldos, nos suban as medicinas, o IVE e todo o que queiran. Que vivan o Papa Calixto e Vicente del Bosque!!!!