5/28/2013
5/25/2013
5/22/2013
Eu confeso, di Pedro J. Rovira
Onte recibín o
sacramento do perdón.
Á nosa idade,
hai mandamentos e mandamentos.
Nos tres
primeiros, pouco que dicir:
-
Amo a Deus máis ca calquera cousa? En
teoría, si. Que me custa dicilo?
-
Emprego o nome de Deus para que os
demais dean creto ao que digo? Non, e ademais creo que non me valería de nada
neste mundo descrido.
-
Misa do domingo? Case que sempre.
O cuarto: Por
desgraza, e por lei de vida, o respecto aos meus pais xa non é cousa deste
mundo.
O quinto nunca
me causou maiores atrancos. Hai persoas que por natureza son pacíficas e, salvo
arroutadas pasaxeiras, evitan facer dano aos semellantes.
O sexto: Ai o
sexto! Que problemiñas me ten dado! Pero neste momento, pódovos asegurar que
case que o teño dominado!
O sétimo: Cantei
as corenta cunha sota e un cabalo e ganeille ao meu veciño, que xa anda algo
para aló, un café e copa. Polo demais nin roubei nin tiven demasiadas ocasións
de facelo.
Oitavo: As
únicas mentiras para saír dos xardíns nos que me teño metido sempre me saíron
mal. Por iso deixei de facelo, por pragmatismo elemental.
O noveno: A
estas altura da vida, este é moito máis prerigoso ca o sexto. Aquí xa non se
necesita un soporte encimático. Non vos vou dar direccións, pero teño que
arrepentirme de pensar en demasía en quen non debía.
O décimo:
Tampouco me custa moito cumplilo. Vai parello co quinto.
Visto o visto,
non é estraño que o cura me despachara cun painoso e tres avemarías.
Pero despois de
verme reconfortado co perdón, veume á cabeza a apostila a estes madamentos: “Amarás
a Deus sobre todas as cousas e ao próximo coma a ti mesmo”. E pensando
pensando quen sería o meu próximo, entroume un desacougo que non se cura só co
sacramento do perdón.
Pedro J.
5/16/2013
5/14/2013
Nova obra do compañeiro Afonso Eiré: Infiltrados
O Pucheiro ten nova novela de non fición. Dá conta da presentación chantadina Televinte
5/12/2013
5/09/2013
Volven os tempos
Volven os tempos pasados, daquel Seminario que vivimos nos tempos de Don Basilio:
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/05/08/actualidad/1368017751_391810.html
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/05/08/actualidad/1368017751_391810.html
O sábado 11 xantan os do 64
A promoción do 64 o ano pasado estivo na Ribeira Sacra que organizou Pablo. Este ano aínda van máis lonxe da man de Sucasas, chegarán ata Portugal. E tamén levarán o Home orquestra? Bo proveito, amiguiños, como dicía Trapero Pardo en Radio Lugo hai xa ben anos.
5/05/2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)