3/23/2011

Chegou a primavera a Bueu


Un exseminarista mándanos estas fotos primaverais. Di que o tulipan foi traído da mesma Holanda e que as flores son de mirabel. Así era como dicían no Seminario que era a vocación, había que coidala coma unha flor

3/06/2011

O torno do comedor

No comedor tiñamos que nos comunicar coas cociñeiras polo torno aquel xiratorio, igual cós dos conventos de clausura. E el que pecado podía ter o ver a cociñeira? No vello convento de Santa Clara, en Coimbra, aínda se conserva o buraco na parede para o torno (véxase o furado no que asentaba). Eramos coma monxas de clausura.