3/31/2012

Volven tempo ruíns

Di El Mundo que o mellor teólogo español foi condenado polos bispos por crear inquietude nos fieles. Se no o cren léano en El Mundo (En La Voz, máis suave). Ese bo home que é Torres Queiruga, que nunca matou unha mosca condenado e tantos casos de podremia (axuda á corrupción, pederastia) como teñen polo mundo adiante e miran para outro lado. Xa dicía o deus de Curros Enríquez: "Si eu fixen tal mundo, que o demo me leve. (Tamén Curros foi condenado, claro)

Que di o acusado?:

"La Comisión de la Fe me acusa sin la mínima seriedad teológica exigible" VER

3/26/2012

Sotana

Que mellor espantallo nunha igrexa ca unha sotana?

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=XWeXg_tU5xg

Versos de XL Ferreiro e vídeo pola paz

Fermosos versos enviados por Quintana:

Ellos han torcido las palabras
y nosotros les compramos el miedo.
Ponen precio a nuestra dignidad
y hacen negocio con nuestro desasosiego.

Mañana llamarán a la puerta
y nuestro espanto no será suficiente;
si hoy no ponemos nuestra mano
bajo el último grano de arena.
XL FERREIRO


3/19/2012

Día de San Xosé, por Paco Martín


UN BO ARTIGO DE PACO MARTÍN EN EL PROGRESO PARA CELEBRAR O DÍA:
19/03/2012 - Paco Martín (Lugo). El Progreso. Auga Lizgaira. San Xosé
ERA UN FRADE, non sei de que orde, pequeno de estatura e máis ben delgado, cos ollos negros e moi vivos e nariz de boxeador. Nós estabamos xogando ao fútbol e el detivérase no seu paseo e quedara por tras dunha das porterías -dúas pedras no chan a seis pasos de distancia unha da outra- atendendo ao xogo con aires de entendido. Era día santo, estaba boa tarde, un dos nosos marcou daquela un gol, co que íamos gañando por dous a cero e o frade aplaudiu mentres ía meténdose no que poderiamos chamar terreo de xogo -a porción de prado da beira do río que había entre as dúas porterías- até quedar no medio e medio. Nós ollámonos uns aos outros sen sabermos moi ben que facer. Eramos nove: catro dun lado, os máis maiores, e cinco do outro. O propietario da pelota -que era tamén quen decidía cando era penalti e quen debía tiralo-- colleuna coa man, apoiouna no cadril e foise chegando a onde o home estaba, o que fixo que todos acabaramos, expectantes, arredor del. O frade pediu o balón, deulle un par de toques con non demasiado xeito e preguntou se o deixabamos xogar. Falaba castelán e tratábanos de vostede aínda que o máis vello de nós non pasaba dos trece anos. Quedamos agardando a ver que dicía o Suso, que na súa condición de amo da pelota era o único con capacidade para decidir en cuestión tan transcendente, pero este non abriu a boca.
O home preguntou se é que pensabamos que xa era vello para xogar canda nós. Outra vez o silencio. Insistiu preguntando se sabiamos que día era aquel. Contestamos todos ao tempo: San Xosé. «Pois ben -dixo- Sabedes cantos anos tiña San Xosé cando naceu Xesús?». Ollou ao arredor e, cun amplo sorriso, case berrou: «Noventa e nove!». A min -e supoño que tamén aos demais- veume de contado á cabeza o da fuxida a Exipto e, aínda que non era quen de calculalo cun mínimo de precisión, imaxinaba a enorme distancia que tiveron que percorrer -o home a pé-, os moitos traballos que despois houberon pasar e, tendo en conta que quen nolo dicía non era calquera, non é de estrañar que a miña simpatía polo pai putativo de Cristo acadase desde aquela as máis elevadas cotas.
A verdade é que nunca volvín a oír tal e que, se cadra, aquilo non fora senón un modo de nos convencer para que o deixásemos xogar. E deixámolo. Non era moi bo, iso é certo, mais non se lle podía negar un considerable interese, obstaculizado sempre polas saias do hábito do que non se quixo desprender. Marchou suado e alasando, pero satisfeito despois de que, con disimulo, se lle deixase meter un gol.
E, penso eu, ben o merecera.

3/15/2012

Vocacións hoxe

Resulta que o 19 era o Día do Seminario (e debe seguir) e que as vocacións levan tempo escasas. Boa viñeta a que vén hoxe no xornal De luns a venres.

3/03/2012

Misa

Por que con tanta misa como escoitou o exseminarista xxx está agora missing de misas?
Por que con tanta misa como escoitou o exseminarista xxx é agora un misántropo?
Por que con tanta misa como escoitou o exseminarista xxx é agora un misóxeno?
Por que con tanta misa como escoitou o exseminarista xxx nunca chegou a misar lendo no misal?
Por que con tanta misa como escoitou o exseminaristaxxx non sabe o que é un misacantano?
"Eu misar, misar, misei, a misa non era moita..." escribiu o padre Misil
Coa crise acúrtanse as misas?
Prohibe a igrexa concelebrar nas misas para aforrar en cregos?
Valen as misas en mp3 ou en youtube para cumprir co preceuto?
Foi Merkel que dixo iso de París ben vale unha misa?
Pódese dicir misa vestido só cunha camisa?