Protagonistas neste vídeo
7/22/2014
7/20/2014
Bonita casa
Cando se decidan a facer unha casa, aí teñen un exemplo de
arquitectura moderna respectando a contorna. Está en Ourense. Oe, mesmo daba
unha boa reitoral, en habendo bo cura.
7/19/2014
Para cando unha muller cura?
Os ingleses sempre foron por diante en moitas cousas. Agora xa van ter mulleres bispas. Aquí nin curas, o peor é iso de unha muller cura "ni está ni se le espera"
7/08/2014
Se paseando vemos un incendio...
A amiga Espe Gesteira mándanos esta aplicación que fixeron para levar no móbil e actuar cando se vexa un incendio, é moi completa.
Pode descargala deste esta imaxe QR:
Ou directamente desta ligazón
O directamente no Google Play:
https://play.google.com/store/apps/details?id=appinventor.ai_davinarey.SenLume_galego&hl=es
Pode descargala deste esta imaxe QR:
Ou directamente desta ligazón
O directamente no Google Play:
https://play.google.com/store/apps/details?id=appinventor.ai_davinarey.SenLume_galego&hl=es
7/07/2014
O Incio ou Oincio
Vivín dos 5 aos 11 anos na Cervela, concello do Incio, co
meu tío Pepe e a Elisa.
No Incio ou en Oincio??? Nun artigo no Progreso (3-IV-1991)
Nicandro Ares Vázquez (profesor que foi noso de Filosofía no Seminario e moi preocupado en que entenderamos e non chaparamos) afirma que o adecuado é Oincio
(baseado nun “Onitio, Unitio, Uinitio ou Uintio”); e que “El Incio”, como se
chegou a castelanizar, é unha barbaridade. E remata o artigo: “adícolla ós
moradores daquela bisbarra, especialmente ó Anxo da freguesía de Santa Cruz,
que anda matinando na conmemoración do centenario desta parroquia” -Este era meu padriño-
Saúdos para os compañeiros da zona do Incio: Cortiñas, Montero, Vázquez?
7/04/2014
Quindous
En Quindous, no
concello de Cervantes, nos Ancares lugueses hai unha igrexiña pequena, foi a
primeira parroquia do meu padriño que acabou de crego no Incio. É este un
topónimo único e segundo o mestre Don Nicandro Ares provén dun nome gótico Kindons despois latinizado en Quindonis. Aproveiten este verán para
unha demorada visita aos Ancares! Non se arrepentirán!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)