Vivín dos 5 aos 11 anos na Cervela, concello do Incio, co
meu tío Pepe e a Elisa.
No Incio ou en Oincio??? Nun artigo no Progreso (3-IV-1991)
Nicandro Ares Vázquez (profesor que foi noso de Filosofía no Seminario e moi preocupado en que entenderamos e non chaparamos) afirma que o adecuado é Oincio
(baseado nun “Onitio, Unitio, Uinitio ou Uintio”); e que “El Incio”, como se
chegou a castelanizar, é unha barbaridade. E remata o artigo: “adícolla ós
moradores daquela bisbarra, especialmente ó Anxo da freguesía de Santa Cruz,
que anda matinando na conmemoración do centenario desta parroquia” -Este era meu padriño-
Saúdos para os compañeiros da zona do Incio: Cortiñas, Montero, Vázquez?
Ningún comentario:
Publicar un comentario