Lemos hoxe na Voz (noticia) algo sobre Visuña e lembramos que o cura do Incio Anxo dicía que se consideraba a peor parroquia da diocese de Lugo que lle podía tocar a un cura (hoxe Visuña e Farramulín son dous lugares preciosos e chégase en coche axiña). Porque antes todos so curas e as mestras e mestres tiñan que ter o primeiro destino alá polos montes do Courel e Ancares, só se libraban os moi recomendados ou enfermos. E alí en Visuña estivo de crego nos anos 30 do século pasado o novo devanceiro Bernardino González Lamas. Ao pouco de chegar enfermou gravemente e foino buscar o seu irmán Pepe, a quen lle cobrou en San Clodio un propio dous pesos polo acompanar a buscar o irmán. Por iso o fillo do José tivo a primeira parroquia en Quindous (Cervantes) e a segunda no Incio e o seu irmán José como era enfermo xa empezou o curato na Cervela. Foto do Bernardino
10/28/2011
10/23/2011
Froilán de Chantada
Cousas veredes... En Chantada ata os raposos teñen nome e levan unha vida ordenada. Pode ver aquí a nova
10/07/2011
Matalobos
Esta semana empezou unha nova tempada da seire da TVG Matalobos con grande éxito de audiencia, seica. Se non a puideron ver tñen a TVG á carta. O actor Luís Iglesia fai un papelón, está impresionante. E claro, tamén estivo no Seminario de Lugo, outro máis. Aínda que é uns anos máis novo, do curso do Juan Luís e o Jesús de Cartelos.
10/04/2011
Pegerto Saavedra
O grande historiador galego vai entrar na Academia (ver nova). Outro que estivo no Seminario (dous cursos antes do noso?) e que tamén frecuenta as comidas da súa promoción. Non se vaia pensar que Pegerto é o seu a apelido, non, é o seu nome de pía. O San Pegerto ou Peguerto está na igrexa de Buciños (Carballedo) que o trouxo un bispo da zona hai moitos anos das catacumbas romanas. Beizóns, logo, para ese profesor que tanto fixo para que coñezamos mellor o noso pasado.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)