2011
12/31/2010
2011
2011
12/25/2010
Vello lavadoiro de Trasar
12/22/2010
Xantar 6: Boas festas
12/20/2010
12/18/2010
12/16/2010
12/14/2010
12/13/2010
12/11/2010
12/10/2010
Preciosa muralla
A Muralla Co-Habitada from José Reigosa on Vimeo.
12/07/2010
Os curas en internet
Vén un artigo na prensa sobre iso.
Mi madriña, o que medraría o rabaño de El Señor? Non si? Se os do noso curso sairamos todos bispos seguriño que dabamos un golpe de estado a todos os Roucos, Afónicos, Curios... e faciamos a Igrexa Virtual.
Pero no xantar do outro día non había nin un só cura, eramos todos ex-. E así lles vai.
12/04/2010
Xantar 4-12-2010
12/02/2010
Sábado
11/24/2010
11/18/2010
Xuntanza anual
11/08/2010
11/03/2010
Que vén o Papa
Filosofía galega, que a apliquen os que queiran os sábado.
10/27/2010
Museo da Catedral de Lugo
10/23/2010
López Díaz
La Voz de Galicia: O catedrático Xosé López Díaz verte ao latín o léxico máis actual
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asistiu onte a presentación do Dicionario galego-latino clásico e moderno , unha obra da autoría de Xosé López Díaz que vén de publicar o Centro Ramón Piñeiro de Investigación en Humanidades. Como o seu título indica, este dicionario parte do galego como lingua fonte e ten o latín como lingua de destino. A súa principal particularidade é que o autor recolle nela os termos máis actuais do galego, totalmente descoñecidos no mundo antigo, como correo electrónico, persiana, televisión, anorexia ou futbolín, así como expresións do tipo «vaiche boa» ou «botar o carro antes que os bois». Anxo Lorenzo aproveitou para gabar outro dos recentes traballos, a primeira tradución completa ao galego do Códice Calixtino.
10/16/2010
10/05/2010
San Froilán
9/09/2010
Non hai nada coma o licor café
O párroco de Seoane, no Carballiño, suprimiu a consagración ao percibir no cáliz os efluvios do bagazo no canto dos do viño
O viño de consagrar da misa do pasado domingo na parroquia carballiñesa de Seoane transformouse en licor café. Non foi, con todo, un milagre nin houbo ningún tipo de intercesión divina no feito, senón, ao parecer, unha simple confusión do sancristán.
Polo menos esta é a explicación facilitada polo párroco, Emilio Viéitez, que atende varias parroquias da zona -as de Piteira, Longoseiros e tamén a de Santa Uxía de Lobás- e que chegou a Seoane ás 10.45 horas, como todos os domingos. O sacerdote, que cualifica o suceso como «unha pequena anécdota», decatouse de que non había viño para a celebración, polo que pediu ao sancristán, como el mesmo recoñece, que trouxese viño da súa casa para podelo consagrar con normalidade. Encargo que este cumpriu con celeridade, aínda que non como era de esperar. E é que ao chegar o momento da consagración, o párroco detectou polo cheiro que o que contiña o cáliz era licor café e non o elixir de Baco. O bo olfacto de Emilio Viéitez evitou entón o ritual da consagración e continuou co desenvolvemento eucarístico habitual, bendicindo só o pan, sen advertir aos fieis do incidente.
Moitos deles, a maioría, non só non se deron conta dese cambio no rito tradicional relixioso, senón que descoñecían o sucedido aínda no día de onte ao verse sorprendidos polas preguntas de La Voz sobre o cambio na bebida. Outros se decataron da omisión, aínda que non souberon a que achacala. Fixeron, iso si, suposicións en familia sobre se sería un esquecemento do cura, se se confundiu con auga... pero nunca creron que se produciu unha especie de milagre de Caná e que o viño mudase en licor de negro café. Ao final todo foi máis sinxelo e reduciuse a unha confusión do sancristán que o párroco atribúe á súa avanzada idade.
8/20/2010
8/12/2010
Nomes de vacas
Capa
Casulla
Son algúns dos nomes que a SCG Os Parentes lles puxo ás súas vacas. Vese que son sobriños de curas
8/04/2010
O moderno Castiñeira
7/18/2010
Xornal, 18-7-2010
Xornal de Galicia: na edición de papel do domingo 18, suplemento Contexto, páxinas 5 a 7, recóllense estes fragmentos:
O fútbol era unha das escasas distraccións dos seminaristas. Así o asegura Anxo Guerra, quen xestiona o blog Seminarista en Lugo desde 1966. “A vida no internado era dura o que forxaba moitas amizades e tamén ás veces algúns sufrían as continuas burlas dos compañeiros en casos que hoxe serían considerados como acoso. Mais eran outros tempos., declara.
A pesar de toda a escuridade que envolve os seminarios, os que pasaron por eles sempre se buscan. “Case todas as xeracións de seminaristas de Lugo celebran anualmente unha comida onde lembran as anécdotas dos tempos pasados. Para moitos foi un trauma a vida de interno e non queren aínda saber nada daquel sitio onde case todo estaba prohibido, mesmo ler o Marca. Aínda que o fútbol era a válvula de escape. Xogando e como afeccionados aos grandes equipos españois”, recorda.
6/23/2010
Reeditado o libro do Pucheiro
Fáganse con el, mérqueno. E que os lectores (as) do blog opinen sobre o libro e os temas que se tocan.
6/08/2010
5/28/2010
5/26/2010
5/24/2010
Santiago ou Prisciliano?
Pero si podemos coñecer mellor a historia de Prisciliano da man de Victorino Pérez Prieto: Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario, Ed. Galaxia:
-Foi un home reprimido por ser libre ao igual que os irmandiños, os mártires de Carral e todos os que loitaron porque Galiza fose pobo de seu, ademais de mobilizador dun cristianismo lexitimamente galego. O cristianismo en Galiza debe beber da realidade do pobo, non só participar da súa lingua senón tamén da súa realidade antropolóxica. Se Prisciliano prendeu foi porque conectou con eses substratos que quería un cristianismo máis seu.
-As intrigas dos bispos antipriscilianistas conseguiron que Clemente Máximo o condenase a morte en Tréveris, lonxe da Gallaecia onde pasara toda a súa vida. Resulta rechamante que o movemento creado por este home, que puido ter pasado desapercibido como outros herexes, permaneceu vivo 200 anos despois da súa morte e que 1600 anos despois se segue reivindicando.
5/18/2010
En galego!
5/09/2010
5/08/2010
4/27/2010
4/21/2010
Os paseos
4/04/2010
O Castiñeira
4/01/2010
3/20/2010
Baixa o número de seminaristas
3/15/2010
Novo libro do Pucheiro
3/08/2010
3/04/2010
Profetas menores
Joel
Amós
Abdías
Jonás
Miqueas
Nahúm
Habacuc
Sofonías
Ageo
Zacarías
2/23/2010
2/17/2010
Vaia susto para os seminaristas!
Bo susto deberon levarse os estudantes a cura do Seminario de Palma de Mallorca ao veren aterrar ao Douglas C-3 nos seus xardíns. Foi un 11 de abril de 1958. O avión era de Iberia, e cubría a liña de Palma a Barcelona desde o aeroporto de Son Bonet (información facilitada por Verónica)