Para os exseminaristas que naceron na aldea, aquí teñen unha excelente lectura para este agosto de vacacións (tamén para os xubilados sen vacacións). Recréase a vida nas aldeas galegas no tempo que eran mozos nosos pais e nais, alá polos anos de 1950. Como era iso de falarse os mozos e mozas, como estaban vistas as relacións sexuais, o problema dos fillos de solteira, o poder do cura da parroquia. E tamén a emigración, a fame e as necesidades, os traballos do campo. Todo tal e como era daquela. Sen retrónicas formais, todo ben escrito e claro, realista e en ton melodramático. Para ler todo seguido, señores (e señoras)
1 comentario:
Grazaz por esa tan boa e acaida presentación de As rapazas de Xan.
Eu só engadiría que, os que non tiveron a sorte de nacer na aldea e saben ler, tamén deben disfrutar desta novela, que non lles ha de peasar.
Publicar un comentario