8/24/2013
Novo libro de Afonso Eiré: Belesar, o orgullo de España
Non para de escribir o noso compañeiro de Seminario Afonso Eiré, agora relata a historia do salto de Belesar. Esta foi a presentación
8/14/2013
Adiviñas
Adiviña: igrexiña
pequeniña, sacristán revolvedor e os santiños todos darredor (Resposta: ACOB A).
E ao lado
da Igrexa está a reitoral e na reitoral debía haber unha destas da foto para
ter contento o señor cura. Que será? (Resposta: arietalocohc)
8/12/2013
Saúdos para os axustadores das Mercedes
O sábado no Hotel Jorge I xuntáronse os que estudaron nas MERCEDES e seica o pasaron de marabilla. alegrámonos e ke nos manden algunha foto
8/04/2013
8/01/2013
Os curas comían polo
Nos anos que botei na Cervela antes de ir para o Seminario de Lugo tiña bos conselleiros. O carpinteiro dicíame que me metese cura para almorzar chocolate e xantar polo. O zapateiro que estudase para médico para lle ver as pernas ás mulleres. Consellos moi prácticos os dous. O certo é que o de comer polo era moi san. Meu tío Beningno, que foi cura en Cuba, chegou aos 105 comendo pito da casa todos os días ao xantar xa retirado en Trasar. Claro que era da casa, a ninguén se lle ocorría mercalo. Ten fama o capón de Vilalba, tamén o galo de curral de Vila de Cruces. Hoxe no supermercado tiñan de oferta "pollo rural", será logo que tamén haberá "pollo urbano" digo eu.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)