6/15/2016
4/09/2016
4/05/2016
3/09/2016
Vázquez novo Xefe superior de Policía de Galicia
Moito nos alegramos de que o noso compañeiro de estudos Manuel Vázquez López sexa o novo xefe da Policía de Galicia. Era bo compañeiro, o máis intelixente da promoción, boa persoa. Que lle dure moito tempo o cargo que seguro o ha facer moi ben.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/03/09/responsable-udef-nuevo-jefe-superior-policia-galicia/00031457550551331385780.htm
2/12/2016
1/24/2016
Izan o da saca. Xabier Quiroga
Sempre lembro aquelas longas cerimonias na catedral de Lugo ás que nos levaban aos seminaristas. E tamén como alí arriba preto do altar estaba un frade pequeneiro en lugar destacado, dicíannos que era Don Mauro o Abade Mitrado de Samos, toda unha autoridade.
Pois na novela de Xabier Quiroga, Izan o da saca, sae o Don Mauro e lembroume aqueles tempos mozos lugueses.
Por certo, novela moi recomendable, hai que lela!
12/12/2015
12/10/2015
O sarxento Gorila e o cabo Long
Lembramos no xantar MTE e mais a nosa época de gloria militar en Corea. Foi no Seminario cando adolescentes, el era o cabo Long e eu o sarxento Gorila dos tebeos (logo fun ascendendo a tenente e capitán). Todo era porque el medrara algo antes ca o resto, era estirado e semellaba o tal Cabo Long o “larguirucho”. Eu era regordete e con algo de flequillo, coma o tal Gorila. Cando nos empezaron a chamar estes alcumes había dous camiños.
Un: enfadarse e tomalo a mal.
Dous: tomalo con humor e gozar da gloria de sermos importantes.
Escollemos o mellor.
Este foi un dos moitos oficios que tiven, por iso me prexubilei tan cedo! Traqueado da vida!
Un: enfadarse e tomalo a mal.
Dous: tomalo con humor e gozar da gloria de sermos importantes.
Escollemos o mellor.
Este foi un dos moitos oficios que tiven, por iso me prexubilei tan cedo! Traqueado da vida!
Na foto saímos moi ben retratados
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








