Vemos na foto como alguén tira a porta. Pero é unha foto rara porque o que tira debía ser o que parase, xa que o tirador é nada menos que Iríbar, o noso grande porteiro daquela. Nestes días andaron en Lugo para poder xogar a promoción a segunda, pero perderon na casa o último partido e quedaron fóra, de teren un bo porteiro como o noso Iríbar non perderían. Agora terán que mirar o que fai o Pontevedra do hai que roelo5/25/2008
O Lugo perdeu
Vemos na foto como alguén tira a porta. Pero é unha foto rara porque o que tira debía ser o que parase, xa que o tirador é nada menos que Iríbar, o noso grande porteiro daquela. Nestes días andaron en Lugo para poder xogar a promoción a segunda, pero perderon na casa o último partido e quedaron fóra, de teren un bo porteiro como o noso Iríbar non perderían. Agora terán que mirar o que fai o Pontevedra do hai que roelo5/17/2008
Laboratorio
5/13/2008
O túnel
5/07/2008
Mala sorte cos aplausos
En xuño de 1967 (EN SEGUNDO) foi a Guerra dos seis días na que Israel conquistou a Península do Sinaí. Resulta que entón na comida do mediodía nos lían algunha noticia importante e cando escoitamos ao Padre de turno lernos que Israel vencía aos exipcios (esa mesma Israel que sempre tiña que perder na Historia Sagrada dos libros) produciuse un aplauso espontáneo de apoio aos sufridos israelitas. E vaia bronca que nos caeu ... que non se podía aplaudir a unha guerra (ademais o Réxime e a prensa da época eran ben pouco amigos de Israel). Primeiro aplauso perdido!
Un ano despois, en 1968 (EN TERCEIRO), España gaña Eurovisión coa famosa canción do La,la,la.. e volta a aplaudir porque aquelo si era merecido e durante anos a prensa e o réxime estiveron orgullosos desa magnífica vitoria. Hoxe vemos na prensa que a tal vitoria foi un tongo, vamos, que foi comprada polos xerarcas da TVE do 68. Así que segundo aplauso perdido! pero polo menos neste non levamos unha bronca.
Así está hoxe aquela zona do Seminario onde comiamos e aplaudiamos
Un ano despois, en 1968 (EN TERCEIRO), España gaña Eurovisión coa famosa canción do La,la,la.. e volta a aplaudir porque aquelo si era merecido e durante anos a prensa e o réxime estiveron orgullosos desa magnífica vitoria. Hoxe vemos na prensa que a tal vitoria foi un tongo, vamos, que foi comprada polos xerarcas da TVE do 68. Así que segundo aplauso perdido! pero polo menos neste non levamos unha bronca.
Así está hoxe aquela zona do Seminario onde comiamos e aplaudiamos
5/06/2008
Un bo aparcamento
5/05/2008
Obras
Aproveitamos para saudar desde aquí aos da promoción que empezou en 1964 que seica tiveron a súa comida anual o pasado sábado, que aproveite!!!
4/16/2008
Castiñeira
Este home marcou a nosa época. Vivimos o grande cambio de Don Basilio ao Castiñeira. Que home adiantado aos tempos... non hai máis que lembrar aquelas marabillosas audicións de música clásica ... e para que nos entrase mellor enchía os intermedios cos contos do mestre Gila. O Castiñeira deulle pulo á Scholla Cantorum, cantas viaxes, cantos caramelos, cantas boas lembranzas para os que pasaron por ela. Acabouna corvertendo nunha orquestra con saxofón, guitarrra, etc. En 1971 foi nomeado reitor do Seminario, andariamos por 5º ou 6º? ata que foi cesado en 1981. Morreu en 1989.Para saber máis del Galicia dixital
4/13/2008
Rugby
A maioría das fotos que temos daqueles tempos están relacionadas co deporte. Coma esta na que tres destacados reciben unhas medallas. Por que sería? Que gañarían? O máis normal era algo de fútbol. Pero houbo outros deportes. Cama cando chegou aquel señor con acento estranxerio e se montou un espectacular campionato de rugby no que participamos todos. De pronto o rugby pasou a ser o deporte do Seminario. Ah, pero como neste xogo hai que empurrar, tirar, bloquear... pois reconvertérono nun xogo sen violencia. O balón era o típico de rugby, non se podía pasar o balón cara adiante... pero cada un de nós levaba un pano colgado por detrás no pantalón curto... e para deter o xogo, para bloquear había que lle coller o pano ao xogador contrario... e creo que foi tamén daquela cando daban coca-cola a todos os participantes. Non o pasamos mal co invento, pero pouco durou e volvemos as de sempre... o balón redondo de toda a vida.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)