Aquí fixemos COU algúns pero por esta porta non se podía entrar, estaba prohibidísimo, entrábase pola outra porta pequena. Eran tempos nos que o alumnado non eramos máis ca tropa. Aínda así tivemos a sorte de que nos dera Lengua Don Xesús Alonso Montero para nos arrincar o pouso antigalego que nos meteran os padres no Seminario. Tamén co Director, Don Angel, aprendemos moito. Díxonos que el quería que non acabase o curso sen nos explicar os fundamentos do marxismo aínda que non era a súa ideoloxía; e tamén que nos fixaramos en Chile, se triunfaba Allende sería a primeira vez que o marxismo se impoñía sen violencia. E claro, en setembro dese ano veu o Pinochet e compañía e remataron con todo polo que (canta razón tiña o noso profe) non hai marxismo polas boas. E algúns tamén aprendemos moito latín con Don Amable Veiga, a cousa máis seria e esixente que por alí andaba.
4/25/2014
4/17/2014
Ai, que cruz
Hai hoxe uns corenta anos multou a meu pai a Garda Civil por traballar un xoves santo. Mais ben por levar as vacas xunguidas ao carro un día santo. Se o Xan de Baixo levase un bo feixe de herba ao lombo que era ben máis traballo, nin pecado nin multa. E aínda hai quen di que eran mellores aqueles tempos. Arrenégote demo!!!
4/13/2014
4/10/2014
4/08/2014
3/28/2014
Fotos de Bernardino González Guerra
Varios dos compañeiros seminaristas de dúas fornadas antes ca nós xa se prexubilaron no ensino o ano pasado e agora poden dedicar o tempo ás súas afeccións con bo resultado. É o caso de Bernardino que expón fotografías en Boiro desde o venres 4 de abril.
3/23/2014
Nunha presa de terra de Paco Castro Alvaredo
Cantos de nós nos parecemos ao protagonista desta novela: nacemos na aldea, aprendemos a traballar a terra e fomos para o Seminario de Lugo porque era barato para poder sen alguén na vida. Nesta novela o protagonista queda pechado varios días nun cuarto sen saída. Iso sérvelle para facer unha revisión de toda a súa vida. En capítulos alternos vai lembrando a casa, a familia, os traballos e angueiras.
Todo un exercicio de reconstrución da fala e da vida. Do Seminario di que todo era negro, non lle falta razón. Os exseminaristas que tamén viviron isto hano pasar ben coa lectura (e os que non poden aprender moito)
Todo un exercicio de reconstrución da fala e da vida. Do Seminario di que todo era negro, non lle falta razón. Os exseminaristas que tamén viviron isto hano pasar ben coa lectura (e os que non poden aprender moito)
3/22/2014
Comer coma curas
Se van pola Coruña, mirando o mar, e queren darse un extra entren no Alborada, todo moi rico e moi ben atendidos polo equipo de Santiago Diéguez.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









