2/07/2018

Película sobre o libro de Narciso de Gabriel

A premiada Isabel Coixet vai facer una película sobre a historia de amor que narrou nun libro o noso compañeiro Narciso de Gabriel

INFORMACION

12/23/2017

Emilio Alvarez González

Lembramos hoxe ao noso veciño poeta, o tamén seminarista Emilio do Grande de Trasar, en paz descanse; o poeta que escribía mentres gardaba as vacas no prado dos Currás. A foto é dunha libretiña súa na que escribía os poemas mentres lle botaba un ollo ás marelas.
Naceu en 1954 e publicou dous libros:
-Caminos al atardecer (1974)
-Albas da primaveira (1981)
Velaquí o poema que lle dedica a súa nai, a señora María do Grande:
 
Pra miña nai
 
Campo, xa estás solo
Ti e a alma.
Ti campo núo.
Ti alma deslumbrada
pola lus que trouxo
Consigo a alma
 

11/16/2017

"A invención dun deus. Xesús de Nazaret". Xulio López Valcárcel

"A invención dun deus. Xesús de Nazaret". Ese é o libro que presentou onte no Ateneo de Pontevedra Xulio López Valcárcel. Este grande poeta era dous cursos antes de nós.
Jhasusmariaijosé!!! Escribir un libro sobre Cristo, como inventado!!! Iso só o pode facer un bo poeta coma el. Se aínda houbese Inquisición pouco habían durar as orellas do don Xulio!
Seguramente que se este home seguise no redil da Igrexa e no curato había polo menos chegar a Rouco Varela ou secadra mesmo a Pontífice, que méritos intelectuais non lle faltan.
Outra actividade máis do Ateneo de Pontevedra, xa lles gustaría en Barcelona teren un "Ateneo de Pontevedra", tamén podían fichar o Carlos Fontes, pero é INTRANSFERIBLE!



4/08/2017

El diablo y el señor Blanco, Luís G. del Castillo

Unha novela curta, unha novela negra moi bonita.
Axeitadiña para exseminaristas e para a Semana Santa: os misteriosos sucesos que se producen arredor dunha igrexa madrileña. Roubos de rosarios, aparicións do demo, curas, beatas, sancristáns. Polo medio un máis ca interesante detective sen licenza que vai tentar desenguedellar os misterios (non só os do rosario).
Moi ben escrita, con ironía e humor.
Lese moi rápido e pódese aproveitar para fecelo no móbil, na tableta, no portátil... Non a perdas!!!