4/16/2008

Castiñeira

Este home marcou a nosa época. Vivimos o grande cambio de Don Basilio ao Castiñeira. Que home adiantado aos tempos... non hai máis que lembrar aquelas marabillosas audicións de música clásica ... e para que nos entrase mellor enchía os intermedios cos contos do mestre Gila. O Castiñeira deulle pulo á Scholla Cantorum, cantas viaxes, cantos caramelos, cantas boas lembranzas para os que pasaron por ela. Acabouna corvertendo nunha orquestra con saxofón, guitarrra, etc. En 1971 foi nomeado reitor do Seminario, andariamos por 5º ou 6º? ata que foi cesado en 1981. Morreu en 1989.
Para saber máis del Galicia dixital

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Para mi lo de cantar fue lomejor del seminario de Lugo, o quizás lo único bueno

Anónimo dixo...

A min moito me aproveitaron as cousas que aprendín na Escola para aprobar despois en Maxisterio Música, que era dificilísima

Anónimo dixo...

Home cabal, liberal no trato e no plano ideolóxico. Falábanos moitas veces en galego, desafiando - estou seguro de que era a propósito- a absoluta prohibición que tiñamos nós de facelo. Recordarei sempre como unha vez, mediados os anos sesenta, desobedeceu unha orde directa do bispo (era un vasco ou navarro do que non recordo o nome)para que parase unha longuísima peza que a Schola estaba interpretando na catedral. Estábanos saíndo terriblemente desafinada e nós, absolutamente nerviosos e avergonzados, pero el mandou seguir ata o final...Non nos berrou en absoluto, só nos dixo que esas cousas podían pasar.
É o único cura de toda aquela grea do que gardo un bo recordo

Anónimo dixo...

O Castinheira chegou de Roma de mansinho e foi conquistando a turma: Primeiro aidições de música da biblioteca:acho que o cargo que tinha no meu tempo era bibliotecário: No meu tempo não era reitor. AH e tinha um primo, ou irmão que era um chato, meio curtinho de inteligencia e que presumia do irmão.