Que pouco cambiou o mundo!!! En xuño de 1967 (EN SEGUNDO) foi a Guerra dos seis días na que Israel conquistou a Península do Sinaí. Resulta que entón na comida do mediodía nos lían algunha noticia importante e cando escoitamos ao Padre de turno lernos que Israel vencía aos exipcios (esa mesma Israel que sempre tiña que perder na Historia Sagrada dos libros) produciuse un aplauso espontáneo de apoio aos sufridos israelitas. E vaia bronca que nos caeu ... que non se podía aplaudir a unha guerra (xa contado noutra entrada!). Pois aí segue Israel estes días. Este machado que figura nun museo ben pode simbolizar as ganas de matar dos humanos desde aqueles nosos heroes da historia sagrada, non cambiamos nada, tal e como nos ensinaba en Historia Jaime Delgado!
Ningún comentario:
Publicar un comentario