Ás duchas!
De que ano sería este equipazo, seguro que gañou algo cando se fixo esta foto. Podería ser de 3º?. E despois á ducha!. Menos mal que nos últimos anos xa estaban máis á man as duchas. Nos primeiros cursos só tocaba ducha cada semana? cada dúas semanas? A memoria falla. Había que ir en pantalón de deportes. O padre daba un pitido e entraba un grupo, ao pitido seguinte saía o grupo e entraba outro; o padre comprobaba o pelo dos saíntes para ver ser se se lavaran ou non. Había quen facía trampa e só mollaba o pelo. Seguía cheirando a suor. E claro, ata terceiro non houbo calefacción. Entrabamos despois do recreo cheirando a adolescente, o cura abría as ventás "prefiero morir congelado a morir ahogado" naquelas mañás de néboa e frío. E nós batiamos os dentes mentres debullabamos declinacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario