8/06/2009

Mercurio de Emilio Alonso


Mercurio, Emilio Alonso. Xerais, 2009, 100 páxs.
Para os que andamos por fóra, que mellor xeito de ir dar unha volta por Lugo?: que ler este libro! E para os que estean na cidade, que mellor maneira para dar un paseo polo Lugo de sempre? Porque esta pequena novela é unha homenaxe a Lugo, total, xa empeza dicindo que lle gustaría comparar a nosa cidade coas inventadas por García Márquez ou Torrente Ballester. Desfilan pola narración un montón de rúas, bares, hoteis, personaxes reais e tamén cambiadas de nome (como o cura profesor de matemáticas no instituto)... El Progreso é El Adelantado... e moitas outras cousas que poderá apreciar quen lea a novela. Lese nun plis plas, ideal para unha tarde na praia se este verán alguén consegue atopar sol nas praias esas ás que na novela se di que vas os de Lugo; ou tamén para ler unha tarde xa que non se pode ir á praia. Só ten un defectiño, que o autor di que acode ás comidas de ex-alumnos do Instituto e mellor sería que acudise ás comidas de ex-seminaristas, que nas nosas comidas tamén hai escritores e policías. Por que Lugo non pode ser coma as cidades das series americanas? Cos seus crimes, narcos, chanchulleiros... Grazas a Emilio Alonso xa o é.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Ola! Sseminarista en Lugo dede 1966. Isto non é ningún comentario. resulta que eu son Emilio Alonso, o autor de MERCURIO, Fíxome moita graza ver o comentario sobre o libro nesta páxina e gustaríames saber se é que coindidimos en Lugo no Instituto, se nos coñecemos de algo... O meu correo: saladino1958@yahoo.es. Unh aperta. EMILIO ALONSO