
Cantos castigos sufrimos por falar galego no Seminario! Ben picadas que levou a tarxeta famosa! Por sorte xurdiu o efecto contrario e moitos daqueles estabamos hoxe en Santiago na grandísima manifestación para defender o
queremos galego. Falando en Compostela con outro ex-seminarista lugués, Benigno González, lembraba el esa palabra galega que tanto usabamos e que non vén no dicionario Xerais coa nosa acepción:
unha lorcha. Lembraba Benigno a frase:
dunha lorcha embarquei a vincha do pito aos Maristas (
dun patadón mandeille o balón ao novato aos Maristas,
tradución para os que tiveron a sorte/desgraza -escoller cadaquén o que queira- de non seren seminaristas). E aínda hai que di calquera tempo pasado foi mellor, será por iso que os nosos gobernantes queren que volvamos a aqueles tempos pasados no noso querido/odiado Seminario???????????
E de onde virá a palabriña? Igual ten que ver con
lorcho -zapato grande e desaxeitado-. Alguén sabe se se utilizaba
lorchán e que significado tiña?