4/09/2011

Xosé Alvilares

A este crego contestatario non o traían ao Seminario dar conferencias nos tempos de Ona de Echave, xa se armara unha boa por traeren o Padre Silva de Ourense, se entrase Alvilares, mi madriña! E tal e como escribe... hoxe tampouco creo que o leven moito polo Seminario: «Da man de Carrasco Rouco, a Igrexa de Lugo regresa ao pasado». Ver artigo completo

2 comentarios:

Anónimo dixo...

O nepotismo é un vicio que prendeu no poder eclesiástico moitas veces ao longo da historia.Tamén caen nel todos os demais poderes.O Rouquiño supoño que para gobernar a diócese fará coma o sobriño de Baltar en Ourense cando o nomearon delegado da Consellería de Agricultura hai uns anos.Preguntáronlle que faría, nunha entrevista, e respondeu que faria todo aquilo que lle fose indicando o seu pai.Está nas hemerotecas.Non se debe persder a capacidade da admiración.Vivir para ver.

Anónimo dixo...

Pois no noso curso había un montón de sobriños de cura... que pena que non saísen adiante, que habían dar unhos bos obispos