1/01/2012

Polbo á feira

Xa estamos no 2012, arrenegada sexa a crise esa do demo! Unha boa comida para empezar o ano é unha pulpada. Os compañeiros do Seminario que andan a gañar a vida polas Españas preguntan onde se pode por aí adiante comer un bo polbo á feira. Pois téñeno doado. Cando veñan por aquí o día que marchen achéganse a unha feira ou ben a un pulpeiro que as fins de semana poñen os caldeiros por Galicia adiante. E píndenlle que lles meta nunha bolsa de plástico o polbo sen picar coa súa auga, ben atado ao chegar á noite ao destino méteno no conxelador (calcular as racións da bolsa por cada vez que o van sacar). Cando logo o queiran comer, pois sácano a noite anterior para que vaia desconxelando, poñen auga quente nunha pota e meten a bolsa dentro sen que chegue a ferver. Sacan a bolsa quentiña, abren e cortan o polbo que estará riquísimo, coma na feira. Mesmo poden convidar aos amigos e dicir que o fixo un porque é un manitas cocendo o polbo.

Ningún comentario: