Entrevista con Don Nicandro
E velaquí a homenxe do noso benquerido colaborador Pedro J. Rovira
NICANDRO ARES VÁZQUEZ
Lémbroo cordial, afable,
amistoso.
Non me uniron a el maiores
lazos,
pero é dos homes que che
caen ben, que sentes próximo.
Humilde de verdade,
sen crerse moito,
comprobas que si sabe,
alá no fondo.
Sorriso retranqueiro,
mais non non doloso,
falar quediño,
acolledor, meloso.
Hoxe vino na prensa. Fora
premiado.
Aleluia –pensei, aínda hai
xustiza!
Con tanto figurón
condecorado,
hora era xa de de ver un
xesto nobre
de ensalzar a quen de
verdade o merecía.
Segue soñando, meu profesor
Nicandro.
Aqueles aos que antes
reprendías,
con agarimo, sen rancor,
coma un amigo,
alegrámonos no máis fondo de
nós mesmos
de que toda unha Academia
recoñeza
o moito que ti vales.
Sei que para ti estes
honores
non suporán nin máis honra
nin valía.
Pero para todos aqueles que
te queren
son merecidos.
Xustiza obriga.
Pedro J. Rovira Magariños
Ningún comentario:
Publicar un comentario