3/16/2014

Un conto

Chegan os ricos ás portas do ceo e dilles Diosnuestroseñor:
-Tedes que volver un tempo á terra, alí teredes traballos e alegrías.
E volveron á terra, tiveron traballos e alegrías e despois Deus acolleunos no ceo.
Chegan os pobres ás portas do ceo e dilles Diosnuestroseñor:
-Tedes que volver un tempo á terra, alí teredes traballos.
-Pero, Señor, e non teremos alegrías?
-Non, as alegrías acabáronas os ricos.
E volveron á terra, tiveron traballos e despois Deus acolleunos no ceo.
 
Este conto que contou o Manolo do Tío Bernardo non o podería contar nunca nunha predicación o retirado Rouco Varela.

Ningún comentario: