1/24/2016

Izan o da saca. Xabier Quiroga

Sempre lembro aquelas longas cerimonias na catedral de Lugo ás que nos levaban aos seminaristas. E tamén como alí arriba preto do altar estaba un frade pequeneiro en lugar destacado, dicíannos que era Don Mauro o Abade Mitrado de Samos, toda unha autoridade.
Pois na novela de Xabier Quiroga, Izan o da saca, sae o Don Mauro e lembroume aqueles tempos mozos lugueses.
Por certo, novela moi recomendable, hai que lela!

1 comentario:

CMC IES Mendiño dixo...

Dende logo é unha novela que esperta o espírito revolucionario. É a actualidade de maneira crúa.