7/07/2014

O Incio ou Oincio



Vivín dos 5 aos 11 anos na Cervela, concello do Incio, co meu tío Pepe e a Elisa.
No Incio ou en Oincio??? Nun artigo no Progreso (3-IV-1991) Nicandro Ares Vázquez (profesor que foi noso de Filosofía no Seminario e moi preocupado en que entenderamos e non chaparamos) afirma que o adecuado é Oincio (baseado nun “Onitio, Unitio, Uinitio ou Uintio”); e que “El Incio”, como se chegou a castelanizar, é unha barbaridade. E remata o artigo: “adícolla ós moradores daquela bisbarra, especialmente ó Anxo da freguesía de Santa Cruz, que anda matinando na conmemoración do centenario desta parroquia” -Este era meu padriño-
Saúdos para os compañeiros da zona do Incio: Cortiñas, Montero, Vázquez?

7/04/2014

Quindous



En Quindous, no concello de Cervantes, nos Ancares lugueses hai unha igrexiña pequena, foi a primeira parroquia do meu padriño que acabou de crego no Incio. É este un topónimo único e segundo o mestre Don Nicandro Ares provén dun nome gótico Kindons despois latinizado en Quindonis. Aproveiten este verán para unha demorada visita aos Ancares! Non se arrepentirán!

6/16/2014

Estudou no Seminario de Lugo

Traxectoria: Estudou no Seminario de Lugo... Así empeza a historia de dous seminaristas da nosa promoción do 66 na Galipedia/Widipedia:
- O Pucheiro
- O Guerra
Porque si, como ten que ser

5/05/2014

La Regenta

O bonito futuro dun seminarista: chegar a cura, logo a cóengo e ter unha amante como La Regenta