7/26/2012

As rapazas de Xan, Manuel Iglesias Turnes

Para os exseminaristas que naceron na aldea, aquí teñen unha excelente lectura para este agosto de vacacións (tamén para os xubilados sen vacacións). Recréase a vida nas aldeas galegas no tempo que eran mozos nosos pais e nais, alá polos anos de 1950. Como era iso de falarse os mozos e mozas, como estaban vistas as relacións sexuais, o problema dos fillos de solteira, o poder do cura da parroquia. E tamén a emigración, a fame e as necesidades, os traballos do campo. Todo tal e como era daquela. Sen retrónicas formais, todo ben escrito e claro, realista e en ton melodramático. Para ler todo seguido, señores (e señoras)

7/04/2012

Códice Calixtino

Xa nos laiamos neste blog varias veces pola perda e como apareceu estamos contentos coma unhas pascuas, claro que si. Tamén o estará o noso exprofesor Don Xosé Díaz que o tiña moi estudado e traducido. Agora igual fan un convenio a Xunta e o Arcebispado e expoñen o tal libro no Gaiás para que suban as visitas e se xustifique a obra esa. Non quero dar ideas, non! Gañou España e apareceu o Códex... xa non importa que nos baixen os soldos, nos suban as medicinas, o IVE e todo o que queiran. Que vivan o Papa Calixto e Vicente del Bosque!!!!

6/20/2012

Grazas, Quintana

SABER MIRAR
Cuando la noche nos aplaste
cansados de vadear el día.
Cuando la indiferencia nos oprima
y busquemos refugio en el abandono.
Cuando el bullicio nos agobie
y enterremos la cabeza en el vacío.
Cuando la saciedad nos indigeste
y alcemos los brazos al cielo.
Cuando la incuria nos envenene
y renunciemos a la supervivencia;
siempre habrá una penúltima sombra
tras la que se descalce La Belleza.
XL FERREIRO

6/17/2012

Ofrenda antigo Reino de Galicia

Disque é a data da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento na Catedral. Lembramos que hai ben anos que fomos á procesión que estaba presidida polo finado Manuel Fraga coa súa chaqueta branca do Movimiento Nacional.
Tamén que nos anos 60 o Xosé Alvilares, o Anxo do Incio e outros curas foron a Lugo o día en que se celebraba a Ofrenda ao Santísimo na Catedral e situáronse diante do Pazo episcopal cando as autoridades ían xantar; eles levaban un garrafón de viño, torresmos e pan. Parece que durante un tempo a garda civil tiña que mandar informes das súas homilías.
Os ex-seminaristas non terán problema en recoñecer a algúns da foto: