
Que ben se pasaba facendo a colección de
cromos de futbolistas cada tempada!!! comprar, cambiar, repasar cada día as existencias!!! Era todo un deporte. Mesmo os que non eramos moi dados ao fútbol tamén participabamos deste evento. É que alí era moi difícil non participar nos acontecementos futbolísticos. E quen non vai lembrar as aliniacións daquel
Pontevedriña que era o orgullo de todos os galegos, o "
hai que roelo". Quen non me pregunten quen xogaba naquel Madrid ou Barça do 1967, pero si lembro sen mirar nomes como:
Cobo, Irulegui, Batalla, Cholo, Martín Esperanza, Neme... Aquel si que era un equipo... e Pasarón debía ser unha pota a punto de estoupar...
1 comentario:
Sempre ghranates!! Hai que roelo!!
Que grande é o noso Pontevedriña, e que poucas alegrías nos dá.
Publicar un comentario