Velaquí as caras de satisfacción dos ex-seminaristas de 1966 cando xantaron no Manuel Manuel hoxe sábado 6 de decembro. Contos, conversas, bromas, lembranzas, como anda este e aquel, que foi de fulanito, quen demo será este desta foto... tantas cousas! E erguemos as copas de cava para brindarmos por presentes e ausentes e o Jaime dixo o de yes, we can en honor ao seu novo presidente que todos agardan con ilusión. Aos postres Penalonga (merece un monumento o rapaz) agasallounos a todos con CDs de fotos. O primeiro en marchar é cada ano o padre Julio que sempre ten unha misa (previamente retrasada para poder vir). Jaime xa nos deixou convocados para o día 5 de decembro do ano que vén. Non se pode latar.
1 comentario:
hola, onte na comida e hoxe vexo as imaxes. ¡que maquinas sodes! estivo todo moi ben un saludo vemonos, o colmeiro
Publicar un comentario