A un cura estaban a facerlle a súa cea de despedida por 25 anos de traballo nunha Parroquia. Un político membro da comunidade foi convidado para dar un breve discurso. Como o político tardaba en chegar, o padre decidiu dicir unhas palabras el mesmo para encher o tempo:
-A miña primeira impresión da Parroquia tívena coa primeira confesión que me tocou escoitar. Pensei que me enviara o Bispo a un lugar terrible, xa que a primeira persoa que confesou díxome que roubara un televisor, que lles roubou diñeiro aos seus pais, roubara tamén na empresa onde traballaba, ademais de ter aventuras sexuais coa muller do seu xefe. Tamén en ocasións se dedicaba ao tráfico e á venda de drogas. E para finalizar, confesou que lle transmitiu unha enfermidade venérea á súa propia irmá. Quedei asombrado, escandalizado e asustadísimo... Pero cando transcorreu un tempo, fun coñecendo máis á xente e vin que non eran todos así, vin unha parroquia chea de xente responsable, con valores, comprometida coa súa fe. E así vivín os 25 anos máis marabillosos do meu sacerdocio'.
Xustamente neste momento chegou o político, polo que se lle deu a palabra. Por suposto, pediu desculpas por chegar tarde e empezou a falar dicindo: -Nunca vou esquecer o primeiro día que chegou o Padre á nosa Parroquia... de feito, tiven a honra de ser o primeiro que confesou con el...
MORALINA: hai que ser puntuais, como dicía o protagonista de O seminarista, de Rubem Fonseca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario