Todos lembramos cando nos xantares lían algunha noticias, coma a da Guerra en Israel e nós aplaudimos e levamos unha bronca por aplaudirmos a unha guerra. Nós aplaudiamos aos israelitas que eran o buenos na Historia Sagrada contra os árabes que eran os malos na Reconquista.
Tamén un día nos dixeron que Massiel gañara Eurovisión, non sabiamos moito de que se trataba que non viamos tal programa nin outro que non fora o Real Madrid. Hoxe unha luguesa coma nós tentará chegar á final para a Eurovisión, así tque odos os ex-seminaristas de Lugo temos que apoiala... gástense uns euros votando por ela, non sexan agarrados!
1 comentario:
O dia 8 de Abril de de 19667Raphael cantou na EUROVISION a cancion "Hablemos del amor" pero a nós non nos deixaron ver tan magno acontecemento.Nós quedamos fora pero os profesores poideron velo na Sala de Televisión e os que taban na Enfermería poideron escoitalo.Na Enfermería había unha radio que cantaba polas mañans coma si fora un paxaro na ponla dunha
cerdeira.Na Enfermería tabamos ben ;con 38,5 º de febre e as anxinas brotando pus coma os pinos botan resina,mais tabamos ben.Comíamos galletas con cascarilla da boa,sopa quente,polo en pepitoria e flan de ovo.Estar na Enfermería era coma hoxe estar nun SPA (Saluten per aquan)
Publicar un comentario