4/22/2011

Semana Santa

Que aburrida era a Semana Santa, con tanto oficio e tanta catedral. Cando empezaron a dar as vacacións eran despois para que na semana puideramos ír a todo, ata a algunhas procesións en fileiras (cando as rapazas nos dicían: pelo corto y cara de burro, seminarista seguro). Os que cantaban ben aínda pasaban algo mellor o tempo. Como se podería pasar na igrexa na que estaba esta curiosa peza do coro: un xabarín tocando a gaita. Está na provincia de Girona, onde puidemos comprobar que todos os oficios son en catalán, alí Deus non fala case só castelán.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Eu estudei no Seminario de Santiago na década do 60.Chamoume a atención o que conta Bieito Ledo Cabido nun libriño ACONTECERES que está publicado en IRINDO.El estudou en Ourense.E unha anécdota simpática,non?

“INTELECTUS APRETATUS”

“Parece ser que a escaleira inventouna un coxo
diante da imposibilidade de subir a unha mazaira para
coller mazás. Isto quere dicir que a necesidade aviva o
enxeño e pola contra a abundancia tende a relaxar as
condutas. É a voz da experiencia. Dito máis claramente,
a pobreza denigra, a riqueza corrompe e a austeridade
purifica, senón que llo pregunten a Isaac
Díaz Pardo.
No Seminario deOurense, polos anos sesenta, estaba
prohibido fumar, mesmo na comunidade dos filósofos,
con 18, 19 e 20 anos. Xa poden imaxinar que o
non permitido dá máis pracer se está socialmente perseguido,
como era este caso. Os pecadores dispuñan
de habitación individual, pero sen chave na porta, circunstancia
que permitía a revisión por parte da superioridade
que podía comprobar, sen ningunha traba, o
lugar segredo e rebuscado onde se agochaba o tabaco.
Entre a roupa, debaixo do colchón da cama, nalgún
dobre fondo da mesa ou da silla, detrás do espello fixo
do lavabo... Todos estes lugares eran descubertos polo
Prefecto, nome que tiña o cargo do superior.
O que nunca puido descubrir por moito que o
intentara, foi o lugar onde o gardaba o Paco G.Nóvoa,
acérrimo fumador, ata que un día, previo compromiso
de que non sería castigado, confesou que tiña os cigarros
nunha orixinal cigarreira. Gardábaos na cana da
vasoira á que lle afundía os nós e lle colocaba logo un
tapón. A vasoira descansaba sempre, inxenua, debaixo
da cama. Intelectus apretatus discurret que rabeat.”

GGuerra dixo...

Pois moi boa anécdota, seminarista santiagués. Nós tiñamos a sorte de estar no centro, xunto á feira e o cárcere e os Maristas. Vós estabades algo lonxe alá en Belvís