Na película O club dos poetas mortos, o actor Robin Williams dá vida a un profesor de literatura que consegue achegar os seus difíciles alumnos á literatura, á poesía. A nosa xeración tamén tivo a mesma sorte anos antes (a película é de 1989) cando chegou o profesor don Alejandro Pin. El conseguiu ilusionarnos coa literatura (española, que a galega aínda non tocaba), fixemos rifas para mercar un reprodutor de cintas para poder escoitar os poemas e tampouco tiña inconveniente en subir á mesa cando cumpría pillar a algún copiador experto. Todo un adiantado aos tempos modernos. Saúdos para don Alejandro. (E en que ano sería a chegada deste profesor?)
1 comentario:
Eu non tiven a Alejandro por coma profesor, pero si como contrincante futbolístico nos encarnizados encontros nos que nos xogabamos o prestixio de todo un curso. E a fe que era duro, pero nobre. Se le este correo, unha aperta moi grande de Pedro J. Rovira magraiños
Publicar un comentario