Carta recibida:
Miami, 18 de Novembro 2,011
XUNTANZA 2011
3 de Decembro
Estimado amigo e compañeiro:
Celebramos un ano máis a nosa XUNTANZA, sempre o primeiro sábado de decembro (nesta ocasión, o sábado 3 de decembro) e queremos contar coa presencia de cada un de vós. O ano pasado a asistencia foi un pouco fraca (por debaixo de 30), a ver se iste ano a podemos mellorar.
Como xa sabedes, para min esta reunión segue sendo (e será) unha cita obrigada no meu calendario anual á que faltei poucas veces (e só por motivos realmente insuperables), aínda a pesares de vivir a miles de quilómetros de distancia (en Miami desde o ano 1984)...
O motivo desta Xuntanza é sempre volver a convivir xuntos, pasar un rato memorable, revivir aquela camaradería do pasado e seguir alimentando a nosa amizade presente.
Xuntarémonos, polo tanto o día 3 de Decembro a partir das 13:30 e continuaremos o noso xantar-tertulia, tamén, coma sempre, ata as 8 ou 9 da noite… ou ata que o corpo aguante.
A reunion terá lugar, como vén sendo habitual no restaurante:
MANUEL-MANUEL, Monte Faro, 19, 27003 Lugo. Teléfono (982) 201021
Se aínda non asistiches a ningunha das nosas Xuntanzas queremos contar contigo nesta oportunidade e se asistes habitualmente, será unha oportunidade excelente de volver a vernos e compatir momentos que non se van repetir… contamos contigo!... non faltes á cita!
Un abrazo.
Jaime Alvarez Fernández “o Pasteleiro”
(Nota: para confirmar a asistencia nos correos e teléfonos habituais ou no email deste blog: semlugo66@galicia.com)
Ningún comentario:
Publicar un comentario