3/19/2013

San Pepe

O día de San José era tamén o día do Seminario. Cando mellor se comía e algúns anos chegou a modernidade e os padres xantaban no medio de nós, mesmo os delicados que padecían do estómago. E tamén se podía andar por Lugo cunha caixiña pedindo para o Seminario coma se fora para o Domund. Dos mellores días do ano. Este blog deséxalles un bo día a todos os Pepes e Josés e tamén a todos os pais.

Ningún comentario: