A RAG vaille dedicar as Letras no 2014 a este exseminarista moitos anos. Non é de Lugo pero si de Mondoñedo (foto). E hoxe saíu a nova de que despois de 400 anos o Seminario de Mondoñedo suprime a actividade docente por falta de vocacións, so funcionará coma internado. O mesmiño que aquel noso COU no que tan ben o pasamos. Pero no noso caso durou pouco o invento porque non floreceron as vocacións, quedaron murchas.
E falando de exseminaristas e poesía. O colaborador deste blog, Pedro J. Rovira di así:
Amizade:
Corazóns que latexan ao unísono
cando a vida os golpea e os maltrata.
Corazóns que se senten sempre unidos,
na ledicia ou na dolor que os abafa.
Miradas que traspasan o tempo e o espazo
para estar co amigo que as agarda.
Miradas cómplices, que o comparten todo,
e a cambio non esperan do outro nada.
Ter un amigo é ser dúas veces un.
É vivir dúas vidas dunha vegada.
Ter un amigo, amigo, ti o sabes ben,
foi terte a ti.
Grazas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario