12/14/2014

Manuel Vicent en El País

Vén moi a conto da última entrada deste blog

1 comentario:

GGuerra dixo...

UN NADAL LAICO?



Algunha mente moi mentalizada xa ten proposto a celebración de bautizos laicos. Figúrome que con Eau de cologne, en vez da auga bendita, tan retrógrada.

Non faltará quen pronto propoña tamén unha Primeira Comuñón laica. Cun oficiante tipo Casius Clay, que teña boa esquerda, dende logo.

E chegadas estas datas, vemos como o Nadal, na práctica, tamén está nun proceso lento cara a súa secularización e, se non o remediamos, pronto veremos un decreto no BOE que anuncie que o 25 de decembro é o Día da Neve. E non pasará moito tempo sen que outra mente progre, progre, propoña un modelo IN para esta nova festa que substitúa ao caduco nadal. Pois non é o caso de suprimir os días de festa -faltaría máis-, senón de adecuar a súa celebración á nosa época –dirán.

A Sagrada Familia pasará a estar formada por unha parella con neno, seleccionada nun Gran Hermano, patrocinado polo Corte Inglés. O Belén, diseñado por Calatrava, contará cos máis sofisticados medios para dar a sensación de pobreza, dentro da máis exquisita confortabilidade, así como cun bo seguro para os que teñan que meterse dentro. As luces das rúas, en vez de campaíñas, representarán vistosos spots publicitarios que sufraguen os gastos dos festexos. A pela é a pela! E as panxoliñas seguirán coa mesma música –un pouco de tradición tamén gusta-, pero nas súas letras xa non haberá peixes que beben e beben, senón outra tipo de fauna moito máis sofisticada.

Pero hai algo co que nin estes eximios pensadores poderán acabar, pois está por riba de modas, e ata de crenzas: o espírito do Nadal.

O cardiólogo, o reumatólo, o urólogo ou xinecólogo dannos conta dos estragos que os puñeteros anos causan no noso organismo. Pero é o espírito navideño o único que de maneira fiable nos indica cal é o estado da nosa sensibilidade.

Se nestes días non o sentes. Se para ti son só uns días máis, ten coidado. O teu sensitómetro está a tocar o zona vermella.

E se ao ver os ollos coma platos dun neno que contempla, entre aterrado e ilusionado, aos mesmiños Gaspar, Melchor e Baltasar ante el, non se che remove algo dentro de ti, macho, estás morto!

Poderás respirar, andar, falar, e quizais ata facer outras cousas, pero o teu DNI vital xa caducou.

Por iso dou grazas a Deus, porque aínda me fago neno cada vez que vexo o Belén que montamos no fogar e berreo unha panxoliña das de antes, sen que me corten as caras de abraio dos meus, que, malpensados, miran sempre para a miña copa baleira.

FELIZ NADAL!



Pedro Jeroma