10/01/2009
San Froilán e mazás asadas
9/25/2009
Outra vez Mercurio
Emilio Alonso presentou hoxe en Vigo Mercurio. E alá foi este ex-seminarista convidado polo autor a quen coñecía grazas a este blog. Falou moi ben Emilio e contounos un conto dun chinés que era porteiro dun prostíbulo e non sabía ler nin escribir. Logo chegou a rico comerciante e moitas cousas máis.Dise que o que se herda non se compra. Así resulta neste caso... Emilio Alonso herdou a arte de ben utilizar a palabra de seu pai Xesús Alonso Montero. Varios do noso curso tivemos a sorte de ter a don Xesús de profesor: chegaba, poñía o esquema no encerado (que copiabamos) e logo falaba el e nós escoitabamos, non podiamos copiar, só escoitar. E abríanos novos mundos coas súas palabras, coas de Rosalía e Machado.
Por iso nos agradou saudar o antigo profesor Alonso e escoitar o novo novelista Alonso. E virmos cun libro dedicado, claro.
8/14/2009
Exercicios espirituais
Polo mes de abril chegaba un dos momentos máis importantes do curso: os exercicios espirituais. Catro días de reflexión e silencio nos que chovía por nós variada lección de pecados mortais, os veniais non tiñan praza en tan importante xuntanza, relatorio de tormentos infinitos descritos con minuciosidade de ourive e xuízos finais con toda a parafernalia e o estrépito trompeteiro que merece tan apocalíptico acontecemento.Todo isto acompañado cunhas desganadas descricións da gloria celestial; desgana que non sei se viña motivada por un escaso entusiasmo a vivir nesa gloria, ou pola pouca esperanza que tiñan nas nosas capac idades para fuxir do maligno (Carlos Mella, Memorias dun ninguén, Galaxia, 2009). Isto pasaba no colexio dos xesuítas e ben que se parece ao noso Seminario!
8/06/2009
Mercurio de Emilio Alonso
Mercurio, Emilio Alonso. Xerais, 2009, 100 páxs.
Para os que andamos por fóra, que mellor xeito de ir dar unha volta por Lugo?: que ler este libro! E para os que estean na cidade, que mellor maneira para dar un paseo polo Lugo de sempre? Porque esta pequena novela é unha homenaxe a Lugo, total, xa empeza dicindo que lle gustaría comparar a nosa cidade coas inventadas por García Márquez ou Torrente Ballester. Desfilan pola narración un montón de rúas, bares, hoteis, personaxes reais e tamén cambiadas de nome (como o cura profesor de matemáticas no instituto)... El Progreso é El Adelantado... e moitas outras cousas que poderá apreciar quen lea a novela. Lese nun plis plas, ideal para unha tarde na praia se este verán alguén consegue atopar sol nas praias esas ás que na novela se di que vas os de Lugo; ou tamén para ler unha tarde xa que non se pode ir á praia. Só ten un defectiño, que o autor di que acode ás comidas de ex-alumnos do Instituto e mellor sería que acudise ás comidas de ex-seminaristas, que nas nosas comidas tamén hai escritores e policías. Por que Lugo non pode ser coma as cidades das series americanas? Cos seus crimes, narcos, chanchulleiros... Grazas a Emilio Alonso xa o é.
6/12/2009
6/10/2009
5/23/2009
Velaquí unha foto de foto de 1967, enviada polo blogueiro exseminarista Jesus V. Pereira (o noso embaixador no Brasil que nos manda foto e información). Cando a sotana aínda era como unha segunda pel. Que aconteceu aí? Milagre? Non, a foto foi tirada nun cursiño de cristiandade e para acompañar o espírito moderno que pregaban, permitiran arrancar a segunda pel, a sotana. Bo, pero o máis significativo desa foto é ver como xa naqueles tempos de Don Antonio Ona de Echave, os seminaristas estaban ollando para o futuro e xa cultivaban a ecoloxía: só basta ver a Don Jaime Delgado protexendo a "vaquilla". 5/16/2009
17 Día das Letras Galegas
Este grupo de rapaces daquela nin sabían que xa se celebraba o Día das Letras Galegas, meus pobres! Mais cumpriron co idioma coma campións, falaban galego entre eles, só cando estaba diante o cura nas clases se pasaban ao castelán. Non lles facía falta Día das letras, xa o celebraban todo o ano. De que ano é a foto? Estaba xa ben medrado o famoso pelo de Celeiro? Por que está Viana no alto?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

